Se se somete a un tratamento con augas termais, debe saber que:
- Será o médico do balneario quen determine un tratamento axeitado para a súa afección.
- Non é aconsellable iniciar ningún tratamento en fase aguda (crise asmática, catarro, tuberculose…).
- Debe consultar calquera variación no seu estado de saúde.
- Se está embarazada, ou cre que poida estalo, debe comentarllo ao médico.
- No caso dos tratamentos respiratorios e reumatolóxicos, dende o inicio da cura ata un mes despois da súa finalización, non debe expor o seu organismo a contrastes bruscos de temperatura (baños en piscina, mar, río…; inxesta de bebidas ou alimentos xeados, aire acondicionado…).
- As curas termais dos nenos recoméndanse en primavera ou rematada a época de praia.
- O aseo habitual debe facerse antes de comezar cada día a cura termal e cómpre non volver darse unha ducha ata pasadas dúas horas do tratamento, co fin de favorecer a absorción dos minerais.
- Cómpre non abrigarse en exceso.
