Balneario de Mondariz

Balneario de Mondariz

Tipos de augas

Ofrece augas carbogasosas, bicarbonatado-cálcicas e ferruxinosas. Emanan a unha temperatura de entre 17,5 e 18 °C.

Indicacións terapéuticas

  • problemas do aparato locomotor
  • trastornos respiratorios
  • aparato endocrino
  • estrés
  • obesidade

Programas

  • baños de burbullas
  • baños de hidromasaxe
  • chorros
  • ducha circular
  • aerosois
  • nebulizadores
  • pulverizadores
  • parafangos
  • curas de bebida
  • masaxes
  • sauna finlandesa
  • baños de vapor
  • ximnasio

Servizos hoteleiros

O hotel dispón de 194 habitacións dobres, incluíndo 11 suites. Ten un moderno Centro de Congresos e Convencións integrado por 8 salóns con todo tipo de servizos audiovisuais. Ofrece servizo de lavandería, salón de peiteado, prensa e animación infantil. Conta ademais cun campo de golf de 18 foxos.

Organízanse actividades como sendeirismo, equitación, rafting, barranquismo, puenting, ciclismo, saídas en barco, avioneta ou helicóptero.

Historia

O mecenas Enrique Peinador Vela promoveu esta iniciativa no século XIX. O balneario viviu momentos de grande esplendor, recibindo a visita de personaxes ilustres como Castelao, a raíña Isabel de Portugal ou Emilia Pardo Bazán. Posuían unha imprenta coa que lanzaban o semanario La Temporada e a revista Mondariz. Incluso tiñan moeda propia, o peinador. A Guerra Civil paralizou a vida do lugar e un incendio en 1973 puxo fin a unha época dourada, aínda que se acondicionaron unhas estancias para balneario que funcionaron ata 1994, momento no que se proxectaron as novas e modernas instalacións.

Na vila termal destaca a construción histórica do Gran Hotel, obra de Jenaro de la Fuente. No antigo Hotel Sanatorio, proxecto non rematado de Antonio Palacios, levantouse o hotel. Sobresaen tamén a estatua de Peinador; as fontes termais de Troncoso e a da Gándara, sobre a que Palacios levantou un pavillón de granito pulido; o Museo Municipal da Auga e o Pazo da Auga.

O Contorno

Mondariz-Balneario

Entorno Balneario de Mondariz

O pequeno municipio de Mondariz-Balneario sitúase no espazo natural do val do río Tea, un contorno de gran beleza ecolóxica e paisaxística que convida ao descanso. Esta vila termal atópase a tan só media hora da cidade de Vigo.

www.mondarizbalneario.es

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****

Número de Rexistro Sanitario:
C-36-000297

Temporada de apertura:
Todo o ano

Enderezo:
Avda. Enrique Peinador, s/n
36890 Mondariz-Balneario (Pontevedra)
Tel: 986 656 156
Fax: 986 656 186

Correo-e: reservas@balneariodemondariz.com

Web: www.balneariomondariz.es

Galería