Lobios Caldaria Hotel Balneario

Lobios Caldaria Hotel Balneario

Tipos de augas

Ofrece augas hipertermais e augas de débil mineralización, que emanan a unha temperatura de 77,1 °C. Os ións predominantes son: bicarbonato, sodio, cloro, flúor e silicatos.

Indicacións terapéuticas

  • procesos reumatolóxicos
  • doenzas subagudas ou cronificadas do aparato locomotor
  • tratamentos dermatolóxicos
  • algúns procesos dixestivos e reno-uretais (non se dispón de cura hidropínica)
  • estrés

Programas

  • bañeiras de aero-hidromasaxe
  • bañeira carbogaseosa
  • pedigets
  • ducha circular
  • chorro
  • masaxe baixo ducha
  • termarium
  • masaxes de relaxación
  • estética corporal e facial
  • fisioterapia

Servizos Hoteleiros

O hotel conta con 85 habitacións, accesibles para cadeiras de rodas e algunhas delas totalmente adaptadas para discapacitados. Dispón dun restaurante onde poder degustar os pratos típicos da zona e dun bar-cafetería. Ten área de xogos para nenos, con animación infantil. Ademais, ofrece unha sala de reunións e un salón de convencións equipado con todas as tecnoloxías e servizos para a celebración de calquera evento.

Historia

Durante as obras do actual balneario descubríronse restos arqueolóxicos das antigas termas romanas. En 1773 os veciños construíron unha pequena casa de baños que permaneceu en activo ata a primeira metade do XX. En 1962 Manuel Yáñez fíxose coa súa explotación, a cambio de facer chegar electricidade ao lugar. En 1991 as augas pasan a ser de titularidade municipal e comeza o proxecto da vila termal, inaugurada en 2002, obra da arquitecta María Jesús Castelo.

O Contorno

Lobios Portugal

Lobios Entorno Caldaria Hotel Balneario

Lobios sitúase ao sur da provincia de Ourense, limítrofe con Portugal, nun contorno de extraordinaria beleza paisaxística e cun rico patrimonio arqueolóxico e etnográfico.

www.lobios.org

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****

Número de Rexistro Sanitario:
C-32-000336

Enderezo:
Riocaldo, s/n.
32870 Lobios (Ourense)
Tel: 988 448 440
Fax: 988 448 443

Correo-e:
lobios@caldaria.es

Web: www.caldaria.es

Galería