Laias Caldaria Hotel Balneario (Cenlle)

Laias Caldaria Hotel Balneario

Tipos de augas

Ofrece augas bicarbonatadas-sódicas, alcalinas e hipertermais, a unha temperatura de 52 °C.

Indicacións terapéuticas

  • terapias dermatolóxicas
  • reumatismos
  • rehabilitación e recuperación muscular
  • afeccións do aparato respiratorio
  • tratamento do estrés

Programas

  • bañeiras de hidromasaxe
  • ducha circular
  • baño carbogaseoso
  • chorros
  • masaxe baixo ducha
  • piscinas termais de relax
  • termas de calor seco e húmido
  • piscinas de contraste
  • duchas aromáticas e baño de esencias
  • masaxes tonificantes
  • jacuzzi
  • sillóns térmicos

Servizos Hoteleiros

O hotel ten 98 habitacións, 4 adaptadas para discapacitados e 50 con terraza. Dispón de restaurante, salón de banquetes e varios salóns de convencións. O café-bar ten unha terraza con vistas ao río Miño e conta cun salón de xogos. O hotel posúe tamén un bar inglés, que ofrece un recuncho máis íntimo para tomar unha copa ao atardecer, degustar algún cóctel ou un batido de pementos.

Historia

Na zona aprécianse restos de baños romanos. O uso destas augas mineromedicinais prolongouse ata a Idade Media. A principios do século XX construíuse un balneario que quedou asolagado polo encoro de Castrelo de Miño. O balneario actual, inaugurado en 2001, é unha edificación totalmente acristalada, inspirada no voo dunha gaivota, obra de Chaos e Garaizabal.

O Contorno

Cenlle - O Ribeiro

Exterior Laias Caldaria Hotel Balneario

A poboación de Laias, integrada dentro da comarca do Ribeiro, está situada no concello ourensán de Cenlle, á ribeira do río Miño. As terras de cultivo están dedicadas na súa maioría aos viñedos. A parroquia e os seus arredores ofrecen múltiples posibilidades, tanto dende o punto de vista cultural como do medio natural, podendo gozar das súas áreas recreativas, rutas de sendeirismo e zonas de baño.

www.cenlle.es

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****

Número de Rexistro Sanitario:
C-32-000247

Temporada de apertura:
Todo o ano agás o 24 de decembro

Enderezo:
Campo do Cabalo, s/n
32459 Laias - Cenlle (Ourense)
Tel: 988 280 409
Fax: 988 280 415

Correo-e:
laias@caldaria.es

Web: www.caldaria.es

Galería