Iberik Gran Balneario de Guitiriz

Iberik Gran Balneario de Guitiriz.

Tipos de augas

Augas de mineralización moi débil, sulfuradas con ións predominantes bicarbonato, cloruro e sodio. Emanan a 17 °C.

Indicacións terapéuticas

  • Aparello dixestivo
  • Afeccións dermatolóxicas (dermatite, eccemas, psoríase…)
  • Afeccións hepáticas
  • Aparato respiratorio (asma, bronquite, farinxite, rinite, sinusite…)
  • Procesos musculoesqueléticos
  • Tratamentos anti estrés
  • Trastornos metabólicos

Programas

  • Ritual Aromaterapia
  • Ritual Mariño
  • Ritual Viñoterapia
  • Ritual Chocolaterapia
  • Ritual Relaxante
  • Iberik Termal
  • Programa Vichy
  • Programa Articular
  • Programa Cóidate
  • Programa Mímate
  • Programa Descanso
  • Programa Guitiriz
  • Programas terapéuticos reumáticos e respiratorios
  • Programas Wellness de promoción de hábitos de vida saudable

Servizos Hoteleiros

O complexo conta con 103 habitacións, restaurante, cafetaría, conexión wifi, habitacións adaptadas, habitacións pet-friendly, salóns para eventos e convencións, ximnasio, pistas de pádel, instalacións e zonas comúns accesibles. Ampla zona de aparcadoiro gratuíto, capela e 40 hectáreas de zonas verdes perfectas para realizar sendeirismo.

Historia

O balneario primitivo abriu en 1908, pero non foi explotado ata que D. Víctor Lamas Bancaño construíu o hotel en 1912, situándose entre as instalacións termais de maior prestixio do país e comparándose coas mellores de Europa.

O hotel do Balneario de la Fuente de San Juan tiña planta rectangular e tres pisos. Ofrecíanse todos os servizos posibles: ademais da toma de augas e o baño, existían salóns onde poder descansar, distraerse e conversar; organizábanse xogos, concertos, teatro, bailes, festas e actividades ao aire libre. Tras a guerra, D. Andrés Conde cómprao coa idea de recuperar e modernizar as súas instalacións.

En 2003 reformouse o hotel, mantendo a fachada orixinal e comunicándoo co balneario cunha galería na planta baixa e con acceso exterior.

Tras pechar en 2017, reabre as súas portas en maio do 2023 da man de Iberik Hoteles, cadea que lle deu unha nova vida ás instalacións deste histórico balneario.

Situado nunha leira de máis de 40 hectáreas, é un lugar orientado ao descanso e ao contacto coa natureza e as actividades na súa contorna.

A contorna

Guitiriz

Iberik Gran Balneario de Guitiriz.

O Concello de Guitiriz pertence á provincia de Lugo e á comarca da Terra Chá. A súa situación, a só 30 quilómetros do centro xeográfico de Galicia e moi preto das principais cidades galegas, é privilexiada para desprazarse ao resto da comunidade. Guitiriz conta cunha superficie de 293,97 km2 e 5.484 habitantes. Debe o seu nome ao rei suevo Witerico, ao que se lle atribúe a fundación da vila no século VI, sendo entón un territorio de castros, ríos e muíños.

https://concellodeguitiriz.com/

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****

Número de Rexistro Sanitario:
C-27-001398

Temporada de apertura:
Todo o ano (pecha 15 días en xaneiro para o seu mantemento)

Enderezo:

Ctra. del Balneario, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tel: 982 920 090

Correo-e: reservas.guitiriz@iberikhoteles.com

Web: www.iberikhoteles.com/hoteles/iberik-guitiriz-balneario

Galería