Balneario Acuña (Caldas de Reis)

Balneario Acuña (Caldas de Reis)

Tipos de augas

As augas termais do Balneario Acuña son cloruro fluoradas, silicatadas e bicarbonatadas, sulfurosas, sódico-líticas e radiactivas. Emanan a unha temperatura de 42 °C.

Indicacións terapéuticas

  • Procesos persistentes da vía aérea superior (rinite, farinxite, larinxite)
  • Vías respiratorias (bronquite, asma)
  • Procesos reumatolóxicos
  • Estrés
  • Afeccións psiconerviosas

Programas

  • Tratamentos terapéuticos: bañeira de hidromasaxe, ducha escocesa, aerosol, inhalación, tratamento respiratorio, tratamento reumatolóxico, parafango, masaxe herbal respiratoria.
  • Tratamentos de relax e benestar: lodos do Mar Morto, masaxe xeral ou parcial, pernas cansas, masaxe ayúrveda.
  • Tratamentos de beleza: reequilibrio facial.
  • Circuítos termolúdicos: Aquis Celenis e Balnea Murmurante.
  • Piscina termal exterior: as súas augas termais mineromedicinais renóvanse constantemente. Ten unha temperatura constante de 30º e conta tamén con piscina infantil.

Servizos hoteleiros

O hotel está formado por dous edificios de gran beleza arquitectónica á beira do río Umia. O primeiro ten un importante valor histórico. O segundo, máis moderno, atópase nos xardíns que rodean ao balneario. Conta con 60 habitacións dobres e dúas adaptadas, equipadas con baño completo, televisión, teléfono e calefacción.

Un dos seus maiores atractivos son as piscinas termais exteriores, con auga mineromedicinal que se renova constantemente e que, pola temperatura das súas augas, mantense aberta a maior parte do ano. Os servizos complétanse co restaurante, con preciosas vistas ao río Umia, a taberna galega Ultreia e a súa espazosa terraza, que, cada mes de agosto, acolle as súas famosas Noites de Jazz.

Historia

A historia do Balneario Acuña remóntase a principios do século XIX, cando o sacerdote Pedro Acuña y Malvar, secretario do Rei Carlos IV, iniciou a construción dunha Casa de Augas, tras tomar durante un par de anos as augas en Caldas. A súa morte repentina interrompeu o proxecto e as obras paralizáronse. Nos primeiros anos do século XX foi adquirido por Elisardo Domínguez Rozados, un rico indiano que se estableceu en Caldas, adquiriu o balneario e encargou a súa reforma ao enxeñeiro de Vigo Jenaro de la Fuente. No ano 2007 o balneario, pertencente a Balnearios Relais Termal, foi reformado na súa totalidade. É coñecido como "o Balneario dos peregrinos", pola gran cantidade de camiñantes que o visitan, xa que se atopa en pleno Camiño Portugués de Santiago.

O Contorno

Caldas de Reis

Entorno del Balneario Acuña

Caldas de Reis está ao norte da provincia de Pontevedra, abríndose á ría de Arousa, entre as cidades de Pontevedra (a 21 km) e Santiago (a 36 km). A un paso do mar, é a porta de entrada ao val do Salnés e ás Rías Baixas. A comarca é tamén lugar de paso dos peregrinos que se dirixen a Compostela.

www.caldasdereis.com

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario **

Número de Rexistro Sanitario:
C-36-000480

Temporada de apertura:
De marzo a decembro

Enderezo:
Herrería, 2
36650 Caldas de Reis (Pontevedra)
Tel: 986 540 010

Correo-e: reservas@relaistermal.com

Web: www.balnearioacuna.com

Galería