Tipos de augas
Ofrece augas sulfurosas, sódicas e radioactivas. Emanan a unha temperatura de 37 °C.
Indicacións terapéuticas
- afeccións da pel
- reuma
- traumatoloxía
- sistema nervioso
- ril
- vías urinarias
- aparato dixestivo
- afeccións hepáticas
- sistema circulatorio
Programas
- Hidroterapia
- Masaxes
- Naturopatía estética
Servizos
O balneario ten aparcamento e zona axardinada. Non dispón de hotel, aínda que nos arredores existen diversos establecementos hoteleiros de unha a catro estrelas.
Historia
Situado nunha paisaxe natural de gran beleza, o Balneario Histórico das Caldas de Partovia é un dos lugares máis recoñecidos da Galicia Termal. Durante séculos, o balneario ten recibido a miles de visitantes que buscan beneficiarse das extraordinarias cualidades das súas augas, sendo sorprendentes os seus resultados conforme ás curacións que aparecen medicamente documentadas xa dende principios do século XIX. As Caldas de Partovia materializa a esencia do concepto de balneario, lugar de repouso, saúde, lecer e benestar onde o visitante se sente parte integrante do mesmo dende o primeiro momento. Buscamos un equilibrio mental e físico, sendo a nosa principal ferramenta as augas cálidas e azuladas que nacen de forma cálida e xenerosa nesta terra, unidas a un magnífico edificio e a un trato persoal que procura a exquisitez. O balneario reinaugurouse o 7 de abril de 2017.
O Contorno
Saíndo do Carballiño, pola estrada Ourense-Santiago, chégase ao municipio de Cea, onde se pode admirar o Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira, tamén coñecido como «o Escorial galego», orixinario do século XII, e que representa a primeira fundación do Císter en Galicia.
Na mesma localidade o visitante pode degustar o delicioso pan de Cea, produto con indicación xeográfica protexida, cuxa tradición provén dos monxes de Oseira. Na actualidade a panadería segue a ser a principal actividade agroindustrial do municipio, á que se dedican máis de vinte fornos que elaboran este afamado produto. Dende hai varios anos celébrase unha festa de exaltación do pan no mes de xullo.
O visitante tamén pode achegarse á capital ourensá, a tan só media hora do Carballiño, e contemplar o seu rico patrimonio arquitectónico, dende as súas pontes de diferentes épocas e estilos, ata a catedral, declarada Monumento Histórico Artístico.
O casco vello reflicte a oferta gastronómica da cidade: polbo, cocido galego, lacón con grelos, queixos do Cebreiro, lamprea guisada no seu sangue, anguía frita, costeleta de boi, cabrito asado, viño, peixes e mariscos.
Información
Tipo de aloxamento:
Consultar oferta hoteleira da zona
Número de Rexistro Sanitario:
C-32-001079
Temporada de apertura:
Aberto todo o ano
Enderezo:
As Caldas, s/n - Partovia
32515 O Carballiño (Ourense)
Tel: 988 273 057
Correo-e: reservas@caldasdepartovia.es