Tipos de augas
Ofrece augas clorurado-sódicas, radiactivas, sulfurosas e nitroxenadas. Emanan a unha temperatura de 48 °C.
Indicacións terapéuticas
- terapias do aparato respiratorio
- reumatoloxía
- problemas dermatolóxicos
- relaxación
Programas
- pulverizacións
- inhalacións
- aerosoles
- piscina termal
- baños
- chorros
- duchas
- zona de masaxes e tratamentos manuais
Servizos hoteleiros
O hotel balneario sitúase no casco histórico de Caldas, en pleno Camiño de Santiago, entre a fonte de auga termal e o río Umia. Dispón de aparcamento, restaurante, salón social, wifi, calefacción, ascensor, servizo médico vencellado ao uso do balneario e xardín.
Historia
O escribán Joaquín Dávila constrúe a primeira casa de baños en 1780 sobre a que, ao longo dos séculos, se farán múltiples reformas. O edificio actual é de finais do XIX, unha iniciativa do seu propietario neses intres, o avogado David Legerén Cespón. Trátase dunha obra eclecticista que consta de dúas plantas e na que destaca a decoración da súa fachada principal, presidida por unha réplica dunha ara romana descuberta no balneario
O Contorno
Un lugar ideal para pasear polo municipio de Caldas é o parque-xardín, deseñado no século XIX ao estilo inglés e declarado Paraxe Pintoresca Nacional. Á beira do río Umia e en pleno centro urbano, o xardín centenario ocupa 7.200 m2.
Ten varios paseos con máis dun centenar de especies diferentes. O parque ábrese ao Umia ao longo dun magnífico miradoiro fluvial. Tamén forma parte do conxunto paisaxístico unha gran carballeira de 23.200 m2.
A comarca ofrece unha gran cantidade de lugares que permiten contemplar vistas panorámicas das fermosas paisaxes que debuxan os vales dos ríos Ulla e Umia, como é o caso do Monte Xiabre.
Os amantes do sendeirismo poderán seguir, entre outras, a Ruta da Auga, que discorre polas ribeiras do Umia e conduce ao camiñante dende a carballeira e o xardín botánico ata a impresionante fervenza de Segade, en cuxo contorno se conservan vellos muíños, algúns deles restaurados.
Pola localidade pasa o Camiño Portugués, sendeiro seguido polos peregrinos portugueses, que se encamiñaban a Santiago de Compostela. A tradición do Camiño remóntase ao século IX d.C., cando o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, avisado polo eremita Paio da existencia dunhas luces misteriosas, informa ao rei asturiano Alfonso II do descubrimento dunha tumba que contiña os restos mortais do Apóstol Santiago. Estas luces son a orixe do Campus Stellae, coñecido como Camiño das Estrelas.
En Caldas os produtos típicos son as empanadas de lamprea e o pan. O municipio é moi coñecido por un tipo de pan de trigo denominado «pan de manteiga», xa que na súa elaboración se emprega manteiga de vaca. O seu roscón de Semana Santa, que se elabora durante todo o ano e ao que se lle dedica unha festa de exaltación, presenta unha curiosa forma antropomorfa.
Información
Tipo de aloxamento:
Hotel balneario **
Número de Rexistro Sanitario:
C-36-000401
Temporada de apertura:
Marzo - decembro
Enderezo:
Laureano Salgado,11
36650 Caldas de Reis. (Pontevedra)
Tel: 986 540 012
Fax: 986 540 012
Correo-e:
balneariodavila@balneariodavila.com
info@balneariodavila.com