Tipos de augas
Ofrece augas sulfuradas, bicarbonatadas, alcalinas e clorurado sódicas. Emanan a unha temperatura de 28 °C.
Indicacións terapéuticas
- procesos reumatolóxicos
- afeccións do aparato respiratorio
- doenzas da pel
- son apropiadas para combater o estrés e a fatiga física e psíquica
Programas
- piscina termal
- ducha circular
- chorros
- flebotónico
- inhalacións ou aerosoles
- jacuzzi
- baños de hidromasaxe
- sauna húmida
- cámara de vapor
- parafangos
- masaxes corporais
- estética facial e corporal
Servizos hoteleiros
O hotel dispón de 44 habitacións exteriores con todos os servizos. Ademais, ofrece:
- zona wifi
- restaurante
- cafetería
- ascensor
- servizo de lavandería
- salón social
- sala de reunións
- sala de televisión
- zona axardinada
- aparcamento
Organízanse visitas turísticas e proporciónase información para que o visitante poida realizar un montón de actividades: bicicleta, bolos, deportes de aventura, hípica, pesca, rutas culturais e de sendeirismo.
Historia
Os monxes beneditinos do Mosteiro de Carboeiro, ao parecer, xa usaban as augas mineiromedicinais da Brea. Da época barroca tamén se coñecen alusións ás mesmas, malia que a súa sona non chegaría ata finais do XIX, momento no que os baños recibían a unhas 400 persoas ao ano. En 1991 constrúese o actual hotel balneario, que anos despois é obxecto dunha profunda reforma e ampliación.
O Contorno
O municipio pontevedrés de Vila de Cruces está situado no centro de Galicia, na comarca do Deza. Atópase a tan só 22 km de Lalín, 39 de Santiago de Compostela e 67 da cidade de Pontevedra.
A Solaina de Piloño é a antiga «Casa do Ferreiro», un vello casarón restaurado e na actualidade casa-museo do concello. O centro, que reúne de forma periódica a pintores, debuxantes e escultores, é o mellor referente cultural da zona.
A casa natal do escritor Xosé Neira Vilas está situada na parroquia de Gres, reconvertida en casa de cultura. Tamén alberga un museo etnográfico.
Moi preto de Bandeira (Silleda) atópase a Fervenza do Río Toxa, de gran beleza e valor paisaxístico, e da que din é a máis alta de Galicia, con 60 m de caída. Situada integramente no corazón da natureza, é un dos recónditos lugares máis fermosos.
O mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro é un auténtico tesouro patrimonial bañado polo río Deza. A súa igrexa está considerada un dos grandes expoñentes do románico oxival de Galicia. As visitas son gratuítas.
Tamén se poden coñecer as antigas minas de wolframio, situadas nunha paisaxe rochosa e salvaxe que ten servido de escenario a varias producións cinematográficas.
A mellor representación de carballeiras de Galicia atópase na beira do río Arnego, onde se ergue un bosque no que tamén abundan as sobreiras. Ademais, o río, rico en troitas, ofrece algún dos mellores cotos de pesca de toda a provincia.
A área de recreo coñecida como A Illa de Gres é unha paraxe formada por seis illas artificiais, das cales cinco están unidas por pequenas pasarelas. Cerca hai unha ponte romana de once arcos e un muíño.
A praia fluvial da Carixa, na parroquia de Merza, ademais de ser un lugar ideal para o baño, conta cunha zona de esparexemento con merendeiro e ten un muíño restaurado moi preto. No seu contorno creouse un parque biosaudable.
Para os amantes dos deportes acuáticos, nos ríos Arnego, Ulla e Deza pódese practicar rafting; e no encoro de Portodemouros remo e piragüismo.
Información
Tipo de aloxamento:
Hotel balneario **
Número de Rexistro Sanitario:
C-36-000296
Temporada de apertura:
Desde o 6 de marzo ao 6 de decembro
Enderezo:
Paradela, 4
36580 Merza, Vila de Cruces (Pontevedra)
Tel: 986 583 614
Fax: 986 583 619
Correo-e: correo@balneariodabrea.com