Tipos de augas
Dispón de augas sulfuradas, sódicas, fluoradas, silicatadas e litínicas. Emanan a unha temperatura de entre 17 e 64 °C.
Indicacións terapéuticas
- afeccións reumatolóxicas
- afeccións do aparato respiratorio
- dermatoloxía
- circulación
- relax
Técnicas
- baños con hidromasaxe e aeromasaxe
- ducha circular
- piscina termal
- chorros
- ducha vichy
- pediluvios estáticos
- pediluvios dinámicos
- maniluvios
- cabina de sal
- jacuzzi
- cama de auga
- sillóns térmicos
- cabina de aromas
- parafangos
- lodos e algas
- saunas
- estufas de vapor
- inhalacións
- electroterapia
- termarium
- masaxes manuais
- sala de fisioterapia, ximnasios e cabinas de estética
Servizos hoteleiros
O complexo consta de dous hoteis. O Hotel Castro do Balneario, casona tradicional galega rehabilitada que dispón de 18 habitacións, un amplo xardín xunto ao río Galo con piscina e zona de xogos para nenos. O Hotel A Virxe ofrece todas as comodidades propias dun establecemento de catro estrelas e no seu comedor pódese degustar a típica cociña tradicional galega.
Historia
Limón Montero fala xa en 1697 das "Caldas de Cuntis" e describe tres fontes. En 1835, con motivo das obras nunha vivenda, atopouse un pozo cadrado, para unhas doce persoas, cunha argamasa especial e unha fonte en cada ángulo, o que confirma o uso destas augas dende moi antigo. Os antecesores á propiedade actual fusionaron os Baños do Castro e da Virxe en 1886. No ano 1998 constrúese, nos terreos que ocupaba a antiga casa de baños do Barreiro, un novo edificio, dedicado integramente á balneoterapia e conectado coa zona hoteleira a través dun túnel.
O Contorno
Grazas á súa excelente situación, en plena comarca do Ulla-Umia, dende Cuntis o viaxeiro poderá achegarse nuns minutos ás praias das Rías Baixas, admirar a monumentalidade de Santiago ou Pontevedra, ou percorrer a cidade de Vigo.
O territorio está pragado de restos doutras épocas. Destacan os gravados rupestres da Idade de Bronce, que conteñen motivos variados: labirintos, combinacións circulares, cazoletas, zoomorfos…
Castrolandín é un excepcional museo ao aire libre dun poboado fortificado da Idade de Ferro. Nos meses de verán pódense observar os traballos dos arqueólogos na restauración do xacemento e ofrécense visitas guiadas.
Das construcións modernas sobresae O Hospitalillo, unha casona que alberga na actualidade a Casa da Cultura. O Hórreo da Casa Reitoral de Estacas ten sete claros e é o máis grande de todo o municipio; a súa construción en pendente provoca unha maior espectacularidade aos ollos do visitante.
O monte Xesteiras, cunha altura de 718 metros, é o pico máis elevado da comarca, dende onde se poden admirar belos horizontes. O monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, do escultor Francisco Asorey, aséntase sobre unha importante elevación do terreo, constituíndo un perfecto miradoiro cara a vila.
A área recreativa da Pontenova, no contorno do río Umia, representa un espazo ideal para o descanso e o lecer, cunha zona acondicionada para comidas campestres. Ademais, existe a posibilidade de alugar piraguas.
O territorio ofrece unha ampla rede de sendeiros. Unha destas rutas é o Sendeiro Circular de Cuntis, que, ao longo de 24 kms, traslada ao camiñante dende o val á montaña, cruzando os ríos Gallo e Umia, coas súas fervenzas e pozas, atravesando aldeas e lugares marabillosos.
Información
Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****
Número de Rexistro Sanitario:
C-36-000449
Temporada de apertura:
Todo o ano
Enderezo:
Rúa do Balneario, 1
36670 Cuntis (Pontevedra)
Tel: 986 532 525
Fax: 986 532 151
Correo-e: termas@termasdecuntis.com