Asociación de Balnearios de Galicia

A Asociación de Balnearios de Galicia constitúese en 1985 coa finalidade de representar e promocionar o sector termal galego. Dez empresarios de balnearios reúnese no Gran Hotel La Toja e daquel encontro xorde a Asociación, a segunda que se creaba en España. Por aquela época os balnearios permanecían pechados durante todo o inverno, só abrían tres ou catro meses ao ano. Co tempo o sector foi evolucionando ata conseguir o prestixio que ten na actualidade. Nestes intres a Asociación está integrada por 19 balnearios.

  • Entre as iniciativas promovidas pola Asociación destaca a Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Balnearios de Galicia, a segunda que existe en España. Búscase formar aos futuros médicos neste campo e potenciar o valor terapéutico das augas mineiromedicinais.
  • Difunde a oferta termal de Galicia dentro da comunidade e tamén noutras comunidades autónomas, entre os axentes turísticos e a través da participación en eventos. A escala internacional destaca a súa presenza en feiras como Thermalies ou Termatalia.
  • De cara a promover o sector, pon en marcha propostas de carácter cultural como a exposición «O lecer das augas» e a edición da publicación do mesmo título.
  • Promove a elaboración de guías e folletos informativos destinados a divulgar as propostas dos balnearios galegos entre a sociedade.
  • Premia o labor que realizan organismos e entidades a favor do progreso do sector, a través da entrega da súa Insignia de Ouro.

Xunta directiva

A Xunta Directiva da Asociación de Balnearios de Galicia está integrada polos seguintes membros:

  • PRESIDENTA: Marisol Espiño (Termas de Cuntis)
  • VICEPRESIDENTE: Antonio Garaloces (Balneario de Lugo - Termas Romanas)
  • SECRETARIO: Jesús Garriga (Caldas de Partovia)
  • TESOUREIRO: Bruno Figueroa (Balneario de Carballo)
  • VOGAL: Laura Gómez (Balneario de Mondariz)
  • XERENTE: Benigno Amor Barreiro

Balnearios de Galicia

Muller en bañeira de auga quente, foto de Paje Victoria en Unsplash