Balneario de Carballo

Fachada do Balneario

Tipos de augas

Ofrece augas sulfurado-sódicas bicarbonatadas de mineralización débil, que emanan a unha temperatura de 42 °C. Foron recoñecidas polo Tribunal de Augas de París como unhas das mellores de Europa a finais do século XIX e declaradas de utilidade pública en 1928.

Indicacións terapéuticas

  • Afeccións do aparato locomotor como enfermidades reumáticas (artrose, artrite reumatoide, gota, fibromialxia…).
  • Afeccións de vías respiratorias (rinite, sinusite, farinxite, EPOC, asma…).
  • Problemas da pel (psoriase, demartite…).
  • Aparato dixestivo.
  • Sistema nervioso e circulatorio.
  • Trastornos psiquiátricos.
  • Ademais, favorecen o retraso do envellecemento e empréganse para tratamentos de repouso e antiestrés, procesos xinecolóxicos, afeccións cirúrxicas, hepáticas e entero hepáticas, trastornos metabólicos, vías urinarias e odontoestomatoloxía.

Programas

  • baño quieto
  • baño de burbullas
  • hidromasaxe
  • piscina termal
  • pediluvios
  • chorros
  • ducha circular
  • sala de inhalacións
  • parafangos
  • envolvementos (chocolate, algas e fangos)
  • masaxes
  • tratamentos faciais

Servizos Hoteleiros

Conta con modernas instalacións, todas elas comunicadas entre si e coa zona termal sen necesidade de saír ao exterior. Ten 54 habitacións dobres (2 adaptadas para discapacitados) e 6 individuais. Están equipadas con cuarto de baño, calefacción, televisión de plasma e teléfono directo ao exterior. Ademais, ofrece:

  • servizo de recepción (24 horas)
  • caixa central
  • tenda de cosmética termal e de recordos
  • cafetería e restaurante de cociña autóctona
  • amplos salóns dos que se pode gozar como lugar de encontro, área de lectura ou zona de xogos de mesa

Historia

En 1716 realízanse as escavacións nas que aparece o manancial e unha pía das antigas caldas romanas. Cara a finais de século constrúense uns pequenos edificios para o aproveitamento médico das augas. En 1928 son declaradas de utilidade pública, contando con fonda e capela. Sobre a antiga casa de baños eríxese en 1986 o hotel-balneario, un edificio con cinco plantas e semisoto, onde se atopa a zona termal. En 2005 o balneario renóvase con modernas instalacións que combinan mármore, aceiro e cristal.

O Contorno

Carballo

Vista nocturna de Malpica

Carballo está encravado na capital de Bergantiños, a 30 km da cidade da Coruña e a 45 km de Santiago de Compostela. Conta cunha situación privilexiada, marcada pola proximidade de excelentes praias, por un contorno paisaxístico de enorme beleza e por un rico patrimonio artístico.

www.carballo.org | www.finisterrae.org

O territorio estivo habitado dende épocas moi remotas, como así o testemuñan os útiles paleolíticos descubertos. Entre os restos da cultura megalítica destacan o dolmen de Pedra Moura, ademais dunha gran cantidade de castros. Os romanos tamén deixaron aquí as súas pegadas; o castro de Torres Pardiñas ou os restos da Vila Termal son fieis testemuñas.

O Espazo Natural de Razo-Baldaio é o lugar de maior interese paisaxístico e ecolóxico de todo o municipio. Conta cunhas 1.000 hectáreas de extensión protexida, repletas de dunas, marismas, cantís e praderías litorais. Nas súas fermosas e extensas praias é posible practicar surf, windsurf, submarinismo ou parapente. Os amantes da ornitoloxía atopan na zona das marismas un extraordinario observatorio natural de aves.

A Férveda de Entrecruces representa un dos espectáculos naturais máis fermosos de toda a comarca. É unha fervenza de máis de cincuenta metros de altura localizada no río Outón, rodeada de espesa vexetación e bosques.

A zona destacou sempre pola calidade dos seus cereais, que fixeron famoso «o pan de Carballo». Ademais do pan de trigo, millo, mesto ou de centeo, esta longa tradición panadeira deixou outros manxares como as empanadas, as roscas de pan de ovo ou os biscoitos.

Carballo é o municipio antesala da Costa da Morte, polo que ao visitante lle resultará moi cómodo realizar excursións a lugares tan marabillosos como Malpica (a 15 minutos) e coñecer o Faro de Punta Nariga ou a afamada cerámica de Buño. As vilas mariñeiras de Laxe e Corme (Ponteceso) atópanse a tan só media hora de camiño.

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario **

Número de Rexistro Sanitario:
C-15-002315

Temporada de apertura:
De principios de febreiro a mediados de decembro

Enderezo:
Rúa Estrela, 10
15100 Carballo (A Coruña)
Tel: 981 703 354
Fax: 981 703 451

Correo-e: info@balneariodecarballo.com

Web: http://www.balneariodecarballo.com/

Galería