Balneario de Baños de Molgas

Balneario de Baños de Molgas

Tipos de augas

Ofrece augas radiactivas, bicarbonatadas, sódicas, silicatadas e oligometálicas. Emanan a unha temperatura de 49 °C.

Indicacións terapéuticas

  • tratamento da reuma
  • traumatoloxía
  • artrite
  • asma, bronquite crónica, sinusite e farinxite
  • litiase
  • hiperuricemias
  • trastornos do sistema nervioso
  • doenzas da pel
  • estrés

Programas

  • baños
  • hidromasaxe
  • piscina
  • chorros a presión e subacuáticos
  • ducha circular
  • parafangos
  • inhalacións, nebulizacións, aerosoles e ducha nasal
  • auga en bebida

Servizos Hoteleiros

O hotel posúe 29 habitacións con capacidade para 48 prazas. Ten calefacción central, televisión, teléfono e internet nos dormitorios. Dispón de servizo médico e dun salón de convencións onde poder realizar todo tipo de encontros. No seu restaurante, cun amplo comedor, pódese gozar da excelente cociña da zona. Situado nun enclave pintoresco, conta con piscina e cun xardín-terraza dende onde deleitarse co contorno.

Historia

A súa orixe romana queda avalada polos numerosos obxectos que se foron atopando durante as escavacións realizadas para a mellora do manancial. O balneario está en funcionamento dende o ano 1873, data na que se construíu o edificio na beira do río Arnoia, con fachada de pedra, restaurada en 2005. Ao longo do século XX o hotel balneario ampliouse en numerosas ocasións, pero sen perder o encanto do tradicional. Na actualidade aínda loce parte do seu mobiliario dos anos 20.

O Contorno

Baños de Molgas

Balneario de Baños de Molgas

O municipio ourensán de Baños de Molgas é a porta de entrada á Ribeira Sacra. Está moi próximo á cidade de Ourense, a tan só 34 quilómetros.

www.ribeirasacra.org

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario *

Número de Rexistro Sanitario:
C-32-000353

Temporada de apertura:
Desde finais de febreiro ata mediados de decembro

Enderezo:
Samuel González Movilla, 26
32701 Baños de Molgas (Ourense)
Tel: 988 430 246
Fax: 988 430 405

Correo-e: balneariomolgas@hotmail.com

Web: www.balneariodemolgas.com

Galería