A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa asemblea anual na Cidade da Cultura, baixo a presidencia de Marisol Espiño, xerente de Termas de Cuntis. Durante o encontro destacouse o liderado termal de Galicia e o carácter innovador e saudable das instalacións balnearias da nosa comunidade.
Na transcurso da xuntanza valorouse “moi positivamente” a celebración do 40 aniversario da entidade, na que se lle impuxo a Medalla da Asociación ao Dr. Juan Gestal, director da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, que conta co respaldo de Turismo de Galicia. Tamén se enxalzou o programa Benestar en Balnearios, promovido pola Consellería de Política Social e Igualdade.
