A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa Asemblea anual na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago. No transcurso da xuntanza, anunciouse a celebración dun acto a finais de ano, con motivo do 40º aniversario do organismo. Ademais, renovouse parcialmente a súa Xunta Directiva, que queda integrada por:
- PRESIDENTA: Marisol Espiño (Termas de Cuntis)
- SECRETARIO: Vincent Boyer (Caldaria Hoteles y Balnearios)
- TESOUREIRO: José Ramón Fernández (Balneario de Carballo)
- VOGAL: Carmen Garaloces (Balneario de Lugo – Termas Romanas)
- VOGAL: Laura Gómez (Balneario de Mondariz)
- XERENTE: Benigno Amor

