Asemblea anual de Balnearios de Galicia

A Asociación de Balnearios de Galicia vén de celebrar a súa Asemblea anual, poñendo de relevo a importancia da nova convocatoria do Programa `Benestar en Balnearios 2024´ da Xunta de Galicia para a o sector galego, destacando o incremento no número de prazas. Fíxose un repaso pola situación do sector e abordáronse os proxectos que se van poñer en marcha nos vindeiros meses.

Participaron: Benigno Amor, xerente da Asociación; Antonio Garaloces, vicepresidente e director do Balneario de Lugo Termas Romanas; Vincent Boyer, de Caldaria; Ángel Durán, director do Hotel Balneario de Compostela; Jesús Garriga, secretario da Asociación e director de Caldas de Partovia; María Soledad Espiño, presidenta de Balnearios de Galicia e xerente de Termas de Cuntis; Antonio Freire, director médico dos balnearios de Augas Santas e Guitiriz; e David Pereira, director do Balneario Dávila.

Categorías: Notas de prensa | Etiquetas: ,