Que é un balneario

A diferenza entre un balneario, un centro de talasoterapia e un spa está no tipo de auga: os balnearios utilizan auga mineiromedicinal, os centros de talasoterapia a do mar e os spas auga da billa.

A balneoterapia é o método curativo polo efecto da acción terapéutica das augas mineiromedicinais ou termais.

Son augas mineiromedicinais as nacidas natural ou artificialmente e que polas súas características e calidades sexan declaradas de utilidade pública e aptas para tratamentos terapéuticos.

Considéranse augas termais aquelas cunha temperatura de xurdimento superior, polo menos en 4 °C, á media anual do lugar onde nacen.

Os establecementos balnearios son aqueles que, estando dotados dos medios axeitados, empregan as augas mineiromedicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde.

(Lei 5/1995, de 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia)

 

Historia do Termalismo en Galicia

Leccións da profesora Encarna Otero na Cadena Ser: