Termas de Cuntis

Termas de Cuntis

Tipos de aguas

Dispón de augas sulfuradas, sódicas, fluoradas, silicatadas e lití­nicas. Emanan a unha temperatura de entre 17 y 64 °C.

Indicacións terapéuticas

  • afeccións reumatolóxicas
  • afeccións do aparato respiratorio
  • dermatoloxí­a
  • circulación
  • relax

Técnicas

  • baños con hidromasaxe e aeromasaxe
  • ducha circular
  • piscina termal
  • chorros
  • ducha vichy
  • pediluvios estáticos
  • pediluvios dinámicos
  • maniluvios
  • cabina de sal
  • jacuzzi
  • cama de auga
  • sillóns térmicos
  • cabina de aromas
  • parafangos
  • lodos e algas
  • saunas
  • estufas de vapor
  • inhalacións
  • electroterapia
  • termarium
  • masaxes manuais
  • sala de fisioterapia, ximnasios e cabinas de estética

Servizos hoteleiros

O complexo consta de dous hoteis. O Hotel Castro do Balneario, casona tradicional galega rehabilitada que dispón de 18 habitacións, un amplo xardí­n xunto ao rí­o Galo con piscina e zona de xogos para nenos. O Hotel A Virxe ofrece todas as comodidades propias dun establecemento de catro estrelas e no seu comedor pódese degustar a tí­pica cociña tradicional galega.

Historia

Limón Montero fala xa en 1697 das "Caldas de Cuntis" e describe tres fontes. En 1835, con motivo das obras nunha vivenda, atopouse un pozo cadrado, para unhas doce persoas, cunha argamasa especial e unha fonte en cada ángulo, o que confirma o uso destas augas dende moi antigo. Os antecesores á propiedade actual fusionaron os Baños do Castro e da Virxe en 1886. No ano 1998 constrúese, nos terreos que ocupaba a antiga casa de baños do Barreiro, un novo edificio, dedicado integramente á balneoterapia e conectado coa zona hoteleira a través dun túnel.

O Contorno

Cuntis

Termas de Cuntis

Grazas á súa excelente situación, en plena comarca do Ulla-Umia, dende Cuntis o viaxeiro poderá achegarse nuns minutos ás praias das Rías Baixas, admirar a monumentalidade de Santiago ou Pontevedra, ou percorrer a cidade de Vigo.

www.concellodecuntis.es

O territorio está pragado de restos doutras épocas. Destacan os gravados rupestres da Idade de Bronce, que conteñen motivos variados: labirintos, combinacións circulares, cazoletas, zoomorfos…

Castrolandín é un excepcional museo ao aire libre dun poboado fortificado da Idade de Ferro. Nos meses de verán pódense observar os traballos dos arqueólogos na restauración do xacemento e ofrécense visitas guiadas.

Das construcións modernas sobresae O Hospitalillo, unha casona que alberga na actualidade a Casa da Cultura. O Hórreo da Casa Reitoral de Estacas ten sete claros e é o máis grande de todo o municipio; a súa construción en pendente provoca unha maior espectacularidade aos ollos do visitante.

O monte Xesteiras, cunha altura de 718 metros, é o pico máis elevado da comarca, dende onde se poden admirar belos horizontes. O monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, do escultor Francisco Asorey, aséntase sobre unha importante elevación do terreo, constituíndo un perfecto miradoiro cara a vila.

A área recreativa da Pontenova, no contorno do río Umia, representa un espazo ideal para o descanso e o lecer, cunha zona acondicionada para comidas campestres. Ademais, existe a posibilidade de alugar piraguas.

O territorio ofrece unha ampla rede de sendeiros. Unha destas rutas é o Sendeiro Circular de Cuntis, que, ao longo de 24 kms, traslada ao camiñante dende o val á montaña, cruzando os ríos Gallo e Umia, coas súas fervenzas e pozas, atravesando aldeas e lugares marabillosos.

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****

Número de Rexistro Sanitario:
C-36-000449

Temporada de apertura:
Todo o ano

Enderezo:
Rúa do Balneario, 1
36670 Cuntis (Pontevedra)
Tel: 986 532 525
Fax: 986 532 151

Correo-e: termas@termasdecuntis.com

Web: www.termasdecuntis.com

Galería