Iberik Augas Santas Balneario & Golf

Iberik Augas Santas Balneario & Golf

Tipos de augas

Ofrece augas sulfuradas bicarbonatadas sódicas e fluoradas. Emanan do subsolo a unha temperatura de 16 e 24,5 °C.

Indicacións terapéuticas

  • afeccións reumáticas crónicas, dexenerativas e antiinflamatorias
  • afeccións de vías respiratorias e otorrinolaringolóxicas (rinite crónica, farinxite, sinusite, larinxites, bronquites crónicas, procesos asmáticos e outros)
  • afeccións crónicas da pel (eccema crónico ou psoríase, procesos dermatolóxicos de orixe alérxica)

Programas

  • circuíto acuático
  • tratamentos de auga
  • tratamentos terapéuticos
  • lodos termais
  • tratamentos faciais e corporais
  • masaxes

Servizos Hoteleiros

O hotel, distribuído en 3 plantas, conta cun total de 105 habitacións, incluíndo 2 suites confortablemente equipadas, 4 habitacións familiares e 5 habitacións adaptadas. No seu restaurante dispón dun amplo buffet para almorzos que ofrece unha excelente gama de produtos de alta calidade para todos os gustos e necesidades. Os seus salóns, dotados das últimas innovacións tecnolóxicas, son o escenario perfecto para calquera evento e celebración. As instalacións complétanse cun magnífico campo de golf de 18 foxos, situado nunha contorna emblemática, en plena natureza.

Historia

O Hotel Balneario Augas Santas Golf inaugurouse en 2006. Está construído nas proximidades do antigo balneario, fundado a mediados do XIX. Durante moito tempo, as virtudes curativas das súas augas sulfuradas atraeron a visitantes chegados de distintos puntos de España, Portugal ou Francia. A decadencia que experimentaron aqueles antigos establecementos no século XX non perdoou ao de Pantón, que deixou de funcionar a mediados dos anos cincuenta. As construcións abandonadas foron ademais destruídas por un incendio a finais dos setenta. Non obstante, o antigo estanque do balneario seguiu sendo moi visitado polos veciños da zona, que sempre apreciaron as augas que alí brotan. As ruínas do vello balneario consérvanse xunto ás modernas instalacións como testemuño dunha tradición que hoxe se pretende recuperar e potenciar utilizando recursos propios do século XXI.

O Contorno

Pantón - Ribeira Sacra

Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort
O termo municipal de Pantón, no corazón da Ribeira Sacra, atópase situado ao sur da provincia de Lugo, limitando cos concellos de Monforte de Lemos, Chantada, Carballedo, Nogueira de Ramuín, Sober e O Saviñao. O súa capital é O Castro de Ferreira, que debe o seu nome a un antigo asentamento castrexo. Os ríos Cabe, Miño e Sil constitúen os límites xeográficos deste municipio; neles pódense practicar deportes e realizar excursións que permiten admirar as fermosas paraxes da Ribeira.

www.concellodepanton.es | www.turismo.ribeirasacra.org

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****

Número de Rexistro Sanitario:
C-27-000727

Temporada de apertura:
Todo o ano, agás 15 días en xaneiro

Enderezo:
Lugar Os Baños, s/n
27430 Pantón (Lugo)
Tel: 982 292 800
Fax: 982 292 800

Correo-e:
reservas.augassantas@iberikhoteles.com

Web: www.iberikhoteles.com/hoteles/iberik-augas-santas-balneario-golf/

Galería