Lobios Caldaria Hotel Balneario

Lobios Caldaria Hotel Balneario

Tipos de aguas

Ofrece augas hipertermais e augas de débil mineralización, que emanan a unha temperatura de 77,1 °C. Os ións predominantes son: bicarbonato, sodio, cloro, flúor e silicatos.

Indicacións terapéuticas

  • procesos reumatolóxicos
  • doenzas subagudas ou cronificadas do aparato locomotor
  • tratamentos dermatolóxicos
  • algúns procesos dixestivos e reno-uretais (non se dispón de cura hidropínica)
  • estrés

Programas

  • bañeiras de aero-hidromasaxe
  • bañeira carbogaseosa
  • pedigets
  • ducha circular
  • chorro
  • masaxe baixo ducha
  • termarium
  • masaxes de relaxación
  • estética corporal e facial
  • fisioterapia

Servizos Hoteleiros

O hotel conta con 85 habitacións, accesibles para cadeiras de rodas e algunhas delas totalmente adaptadas para discapacitados. Dispón dun restaurante onde poder degustar os pratos típicos da zona e dun bar-cafetería. Ten ximnasio e área de xogos para nenos, con animación infantil. Ademais, ofrece unha sala de reunións e un salón de convencións equipado con todas as tecnoloxías e servizos para a celebración de calquera evento.

Historia

Durante as obras do actual balneario descubríronse restos arqueolóxicos das antigas termas romanas. En 1773 os veciños construíron unha pequena casa de baños que permaneceu en activo ata a primeira metade do XX. En 1962 Manuel Yáñez fíxose coa súa explotación, a cambio de facer chegar electricidade ao lugar. En 1991 as augas pasan a ser de titularidade municipal e comeza o proxecto da vila termal, inaugurada en 2002, obra da arquitecta María Jesús Castelo.

O Contorno

Lobios Portugal

Lobios Entorno Caldaria Hotel Balneario

Lobios sitúase ao sur da provincia de Ourense, limítrofe con Portugal, nun contorno de extraordinaria beleza paisaxística e cun rico patrimonio arqueolóxico e etnográfico.

www.lobios.org

O hotel balneario está no traxecto da antiga Vía Romana XVIII ou Vía Nova, que unía as cidades augustinianas de Braga e Astorga e que na actualidade enlaza a Serra do Xurés coa portuguesa de Gerês. Camiñando por ela o viaxeiro pode facer sendeirismo cultural, visitar a mansión romana Aquis Originis e unha das concentracións de miliarios máis importante de Europa en Portela do Home.

No veciño municipio de Bande pódese admirar o campamento romano de Aquis Querquennis e a igrexa de Santa Comba, un dos poucos templos visigóticos que existen en España.

Lobios está en pleno corazón do Parque Natural do Xurés. O visitante ten a oportunidade de realizar diversas rutas turísticas por este espazo protexido, dominado por numerosos cursos fluviais que acompañan ao río Limia. Os montes posúen unha flora e unha fauna características. Aquí pódense atopar lobos, corzos, cabras montesas, o chamado poni galego, aguias reais, víboras…

Lobios está a escasos 6 km de Portugal, moi próxima á localidade lusa de Gerês, centro do Parque Nacional Peneda Gerês. Ademais de facer un percorrido pola natureza, pódense visitar vilas históricas como Ponte da Barca, Ponte da Lima ou Arcos de Valdevez. Ponte da Lima é unha zona moi representativa da rexión do Minho, cun mercado pintoresco, magníficos palacios e mansións señoriais.

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ****

Número de Rexistro Sanitario:
C-32-000336

Temporada de apertura:
Todo o ano

Enderezo:
Riocaldo, s/n.
32870 Lobios (Ourense)
Tel: 988 448 440
Fax: 988 448 443

Central de reservas Caldaria:
Tel: 902 492 400
Fax: 988 280 484

Correo-e:
reservas@caldaria.es
obios@caldaria.es

Web: www.caldaria.es

Galería