Gran Balneario do Carballiño

Gran Balneario do Carballiño

Tipos de aguas

Ofrece augas sulfurado-sódicas, alcalinas, fluoradas, litínicas e radiactivas. Emanan a unha temperatura de entre 22 y 28 °C.

Indicacións terapéuticas

  • problemas do aparato dixestivo
  • tratamentos do aparato respiratorio
  • trastornos do metabolismo
  • reumatismos
  • doenzas da pel

Programas

  • auga en bebida
  • baños
  • baños de hidromasaxe
  • duchas
  • chorros
  • nebulizacións
  • inhalacións
  • pulverizacións

Servizos

O balneario ten aparcamento e zona axardinada. Non dispón de hotel, aínda que nos arredores existen diversos establecementos hoteleiros de unha a catro estrelas.

Historia

É, dende o ano 1816, un dos balnearios máis concorridos de España, debido ao auxe que as súas augas foron adquirindo ao longo da historia. O edificio, de pedra, é unha magnífica construción dunha soa planta de máis de 50 metros de lonxitude. En 1898, coa desamortización de Mendizábal, pasou a mans do concello. Dous anos máis tarde inaugurouse o actual edificio, obra do arquitecto ourensán Vázquez Gulías. O balneario foi obxecto dunha importante remodelación en 1993. Dispón dunhas modernas instalacións, aínda que mantén o encanto dun balneario histórico.

O Contorno

O Carballiño

Contorno

O municipio do Carballiño atópase a 28 quilómetros da cidade de Ourense, a 74 de Pontevedra e 80 de Vigo. O territorio está repleto de lugares de interese histórico-artístico e de espazos de singular beleza paisaxística, todo bañado polas súas augas mineiromedicinais.

www.carballino.gal

A obra máis grandiosa e representativa da vila é o Templo da Veracruz, do insigne arquitecto Antonio Palacios, inaugurado en 1952. É un gran referente da arquitectura relixiosa do século XX pola súa amálgama de estilos e polo seu deseño innovador, que non pasarán inadvertidos para o visitante. Está construído na súa totalidade con materiais da comarca, en especial granito e lousa.

O Parque Etnográfico do Arenteiro é a xoia natural deste municipio ourensán, un contorno paisaxístico de 60 hectáreas que aglutina unha enorme riqueza natural, etnográfica e turística. Os proxectos de recuperación levados a cabo nos últimos anos neste espazo, situado na beira do río Arenteiro, convertérono nun foco de atracción turística e de dinamización cultural.

Aquí atópase un museo etnográfico, un cámping municipal, unha piscifactoría, unha residencia do tempo de lecer… que representan no seu conxunto un modelo de recuperación e aproveitamento de espazos antes degradados. Tamén toman especial protagonismo antigos muíños artesáns, como os Muíños do Anxo ou o Muíño das Lousas.

Se por algo é coñecido O Carballiño é, sen dúbida, pola súa tradición gastronómica do polbo, ao que se lle dedica unha festa no mes de agosto. A Festa do Polbo é unha das celebracións máis coñecidas de toda Galicia, un evento que cada ano reúne a decenas de miles de persoas chegadas dos máis diversos puntos xeográficos. Na zona tamén se poden degustar ricas empanadas e o típico cocido galego, entre outras delicias.

Información

Tipo de aloxamento:
Consultar oferta hoteleira da zona

Número de Rexistro Sanitario:
C-32-000698

Temporada de apertura:
de marzo a novembro

Enderezo:
Avda. do Balneario, s/n.
32500 O Carballiño (Ourense)
Tel: 988 270 926
Fax: 988 273 332

Correo-e:
granbalneariocarballino@telefonica.net
covaqui@telefonica.net

Web: www.balneariodecarballino.com

Galería