Balneario de Sousas (Verín)

Balneario de Sousas (Verín)

Tipos de aguas

Dispón de augas bicarbonatadas-sódicas, litínicas e fluoradas, que emanan a unha temperatura de 19 °C.

Indicacións terapéuticas

  • problemas de ril
  • hiperclorhidria
  • gastralxia
  • úlcera gástrica
  • enterite crónica
  • ictericia hepatóxina
  • catarro vexical crónico
  • cálculos incipientes
  • prostatite crónica

Programas

  • bebida (o servizo de toma de auga é gratuíto)

Historia

Declarada de utilidade pública en 1859. Hoxe en día, se se quere desfrutar de estas augas con propiedades mineiro medicinais, hai que desprazarse ao antigo quiosco que se conserva, en cuxo interior está a fonte á que se acode para realizar curas de auga, en tomas progresivas, durante quince días.

Na actualidade as  augas que se comercializan como auga de bebida envasada, fano coa clasificación de Auga Mineral Natural.

O Contorno

Verín

Balneario de Sousas (Verín)

Verín atópase no corazón do fértil val de Monterrei, á beira do río Támega, no extremo máis meridional do oriente galego. A vila, que xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval, é paso obrigado cara a Portugal e Castela e tradicional lugar de descanso pola calidade das súas augas medicinais. É, ademais, zona de paso para os peregrinos que acoden a Compostela, xa que polas súas rúas transcorre a transitada Vía da Prata.

www.verin.es

O visitante terá a oportunidade de coñecer o castelo de Monterrei, un monumental conxunto fortificado que domina todo o val, enclave estratéxico dende a Idade Media na fronteira de Portugal. Esta acrópole, a máis grande de Galicia, posúe tres recintos amurallados e entre os seus elementos defensivos destacan a Torre da Homenaxe e a Torre das Damas. Un dos accesos presenta unha ponte levadiza. As ameas, os pequenos vans e un pozo de 14 metros situado no patio interior completan as defensas do castelo.

Verín presenta fermosas paraxes ao longo do curso do río Támega. Ofrece a posibilidade de gozar dunha praia fluvial e de numerosas zonas de baño ao aire libre. Ademais, o camiñante pode seguir diferentes rutas, entre elas a do castelo, a do río Támega, a das fontes, a dos balnearios ou mesmo a que leva á fronteira co veciño Portugal.

As terras de cultivo deste territorio son de gran fertilidade. Abundan as viñas, das que sae o afamado viño coa Denominación de Orixe Monterrei. Pódense visitar as adegas, coñecer como se elaboran os seus caldos e degustalos, todo un pracer para os amantes do bo viño.

Verín está moi ligado ao seu Entroido, unha festa de interese turístico nacional onde os protagonistas son os cigarróns. Trátase dun personaxe tradicional ataviado cunha máscara de madeira tallada, chocas na cintura e uns látegos cos que fustriga a veciños e visitantes. Ademais dos festexos, pódese aproveitar para degustar os pratos típicos destas datas: cocido, lacón con grelos, cabrito e cordeiro, torta cigarrón, roscón e outras moitas delicias.

Información

Tipo de aloxamento:
Consultar oferta hoteleira da zona

Temporada de apertura:
Aberto todo o ano

Enderezo:
Avda. de Sousas, s/n
32600 Sousas, Verín (Ourense)
Tel: 988 410 230
Fax: 988 410 575

Correo-e: info@aguasdesousas.com

Web: www.sousas.com

Galería