Balneario de Lugo – Termas Romanas

Balneario de LUGO - Termas Romanas

Tipos de augas

Ofrece augas sulfurado-sódicas, bicarbonatadas e hipertermais. Emanan a unha temperatura de 43,8 °C.

Indicacións terapéuticas

  • Afeccións reumatolóxicas: crónicas, dexenerativas (artrose), crónicas inflamatorias (artrite), non articulares (ciática, lumbalxia, ombreiro doloroso)…
  • Afeccións respiratorias: farinxite, rinite, sinusite, larinxite, bronquite, asma…
  • Afeccións dermatolóxicas: psoríase, dermatite...
  • Estrés, estados de esgotamento físico…

Programas

  • chorros a presión
  • baños
  • baños de burbullas
  • duchas circulares
  • maniluvios e pediluvios
  • piscina termal
  • fangos
  • pulverizacións
  • duchas nasais e inhalacións
  • auga en bebida
  • masaxe manual
  • ximnasio
  • circuíto lúdico con sauna húmida, sauna seca, jacuzzi e sillóns termais

Servizos Hoteleiros

O hotel dispón de 64 habitacións, 62 dobres con baño completo. Todos os dormitorios están dotados con fío musical, televisión e calefacción. Ademais, ten dous comedores, cafetería, salón social, dúas salas de estar e ascensor adaptado para discapacitados. Posúe unha capela e ofrece un amplo aparcamento. E todo en plena natureza: 5.000 m2 de xardíns e 2 quilómetros de paseo fluvial na beira do río Miño.

Historia

O balneario de Lugo é o único de Galicia que conserva vestixios das antigas termas públicas romanas, declaradas Monumento Histórico Artístico Nacional. Un edificio de estilo lucense do século XIX, totalmente reformado, cun claustro central de galerías con cristaleiras, alberga a maioría das habitacións do hotel e o chamado balneario terapéutico. Nun anexo, outro edificio levantado en 2001 suma unha vintena de habitacións, xunto co moderno balneario lúdico, orientado a tratamentos de relax e beleza.

O Contorno

Lugo

Vista do Balneario

A cidade de Lugo, que ten máis de dous mil anos de historia, caracterízase pola confluencia do urbano e o paisaxístico. Está situada na ribeira do río Miño, en plena Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. Localizada nun punto neurálxico da xeografía galega, dende aquí pódense visitar lugares tan dispares e paradisíacos como a Ribeira Sacra, a Mariña lucense, as serras dos Ancares e O Courel, o Cebreiro…

www.lugo.gal

Información

Tipo de aloxamento:
Hotel balneario ***

Número de Rexistro Sanitario:
C-27-000137

Temporada de apertura:
De marzo a decembro (aproximadamente)

Enderezo:
Camiño do balneario, s/n.
27004 Lugo
Tel: 982 221 228
Fax: 982 221 659

Correo-e: balneario@balneariodelugo.com

Web: www.balneariodelugo.com

Galería