Os balnearios

Galicia é o principal destino termal de España.

Os nosos balnearios ofrecen augas mineiromedicinais de excelente calidade. Son augas indicadas para proporcionar o descanso exterior e interior. Axudan a mellorar certas doenzas e favorecen a calidade de vida dos termalistas. Saúde e relax para todos, para os usuarios de maior idade e tamén para os máis novos; en grupos, en familia, en parella ou en solitario. Estamos encantados de acollerte en calquera época porque as nosas instalacións dispoñen de calor estival todo o ano.

Indicacións terapéuticas