Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Termas de CUNTIS

www.termasdecuntis.com

TIPO DE AUGAS

Dispón de augas sulfuradas, sódicas, fluoradas, silicatadas e lití­nicas. Emanan a unha temperatura de entre 17 y 64 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O complexo consta de dous hoteis. O Hotel Castro do Balneario dispón de 18 habitacións; un amplo xardí­n xunto ao rí­o Umia, con piscina, zona de xogos para nenos e un ceador baixo un olmo centenario. O Hotel A Virxe ofrece todas as comodidades propias dun establecemento de catro estrelas e no seu comedor pódese degustar a tí­pica cociña tradicional galega.

HISTORIA

Limón Montero fala xa en 1697 das "Caldas de Cuntis" e describe tres fontes. En 1835, con motivo das obras nunha vivenda, atopouse un pozo cadrado, para unhas doce persoas, cunha argamasa especial e unha fonte en cada ángulo, o que confirma o uso destas augas dende moi antigo. Os antecesores á propiedade actual fusionaron os Baños do Castro e da Virxe en 1886. No ano 1998 constrúese, nos terreos que ocupaba a antiga casa de baños do Barreiro, un novo edificio, dedicado integramente á balneoterapia e conectado coa zona hoteleira a través dun túnel.

Termas de CUNTIS

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario **** Q

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
Rúa do Balneario, 1. 36670 Cuntis. Pontevedra
Tel: 986 532 525 - Fax: 986 532 151

- CORREO-E
termas@termasdecuntis.com

- WEB
www.termasdecuntis.com



GOZA DO CONTORNO

Cuntis

Cuntis

Grazas á súa excelente situación, en plena comarca do Ulla-Umia, dende Cuntis o viaxeiro poderá achegarse nuns minutos ás praias das Rí­as Baixas, admirar a monumentalidade de Santiago ou Pontevedra, ou percorrer a cidade de Vigo. ver más

www.cuntis.es

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal