Manantiais de saúde e descanso

galego | español

LOBIOS Caldaria Hotel Balneario

www.caldaria.es

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas hipertermais e augas de débil mineralización, que emanan a unha temperatura de 77,1 °C. Os ións predominantes son: bicarbonato, sodio, cloro, flúor e silicatos.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel conta con 85 habitacións, accesibles para sillas de rodas e algunhas delas totalmente adaptadas para minusválidos. Dispón dun restaurante onde poder degustar os pratos típicos da zona e dun bar-cafetería. Ten ximnasio e área de xogos para nenos, con animación infantil. Ademais, ofrece unha sala de reunións e un salón de convencións equipado con todas as tecnoloxías e servizos para a celebración de calquera evento.

HISTORIA

Durante as obras do actual balneario descubríronse restos arqueolóxicos das antigas termas romanas. En 1773 os veciños construíron unha pequena casa de baños que permaneceu en activo ata a primeira metade do XX. En 1962 Manuel Yáñez fíxose coa súa explotación, a cambio de facer chegar electricidade ao lugar. En 1991 as augas pasan a ser de titularidade municipal e comeza o proxecto da vila termal, inaugurada en 2002, obra da arquitecta María Jesús Castelo.

LOBIOS Caldaria Hotel Balneario

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario **** Q

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
Riocaldo, s/n. 32895 Lobios. Ourense
Tel: 988 448 440 - Fax: 988 448 443

Central de reservas Caldaria:
Tel: 902 492 400 - Fax: 988 280 484

- CORREO-E
reservas@caldaria.es

- WEB
www.caldaria.es



GOZA DO CONTORNO

Lobios

Lobios_ Portugal

Lobios sitúase ao sur da provincia de Ourense, limítrofe con Portugal, nun contorno de extraordinaria beleza paisaxística e cun rico patrimonio arqueolóxico e etnográfico. ver más

www.lobios.org

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal