Manantiais de saúde e descanso

galego | español

LAIAS Caldaria Hotel Balneario (Cenlle)

www.caldaria.es

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas bicarbonatadas-sódicas, alcalinas e hipertermais, a unha temperatura de 52 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel ten 100 habitacións, 4 adaptadas para minusválidos e 50 con terraza. Dispón de restaurante, salón de banquetes e varios salóns de convencións. O café-bar ten unha terraza con vistas ao río Miño e conta cun salón de xogos. O hotel posúe tamén un bar inglés, que ofrece un recuncho máis íntimo para tomar unha copa ao atardecer, degustar algún cóctel ou un batido de pementos.

HISTORIA

Na zona aprécianse restos de baños romanos. O uso destas augas mineromedicinais prolongouse ata a Idade Media. A principios do século XX construíuse un balneario que quedou asolagado polo encoro de Castrelo de Miño. O balneario actual, inaugurado en 2001, é unha edificación totalmente acristalada, inspirada no voo dunha gaivota, obra de Chaos e Garaizabal.

LAIAS Caldaria Hotel Balneario

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario **** Q

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
Estrada Nacional 120, km 585,8
32459 Laias - Cenlle. Ourense
Tel: 988 280 409 - Fax: 988 280 415

Central de reservas Caldaria:
Tel: 902 492 400 - Fax: 988 280 484

- CORREO-E
reservas@caldaria.es

- WEB
www.caldaria.es



GOZA DO CONTORNO

Laias

Cenlle_O Ribeiro

A poboación de Laias, integrada dentro da comarca do Ribeiro, está situada no concello ourensán de Cenlle, á ribeira do río Miño. As terras de cultivo están dedicadas na súa maioría aos viñedos. A parroquia e os seus arredores ofrecen múltiples posibilidades, tanto dende o punto de vista cultural como do medio natural, podendo gozar das súas áreas recreativas, rutas de sendeirismo e zonas de baño. ver más

www.cenlle.es

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal