Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Hotel Eurostars ISLA DE LA TOJA

www.eurostarsisladelatoja.com

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas clorurado-sódicas, bromuradas, ferruxinosas, fluoradas e litínicas; ricas en calcio, potasio e magnesio. Son augas hipertermais pola súa temperatura, que oscila entre os 20 e 60 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

Dispón de técnicas de tratamento hidrotermais:

Estas técnicas compleméntanse con:

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel conta con 104 habitacións, con wifi gratuíto. Ten unha biblioteca e unha sala de televisión, un centro de congresos e convencións, ademais de tres restaurantes e dúas cafeterías. Os visitantes poderán gozar tamén dunha piscina exterior de 190 m2, clínica de rehabilitación e club de fitness. Dispón de aparcamento.

HISTORIA

Unha edificación mixta, na que se conxuga a recuperación da antiga fábrica de xabróns da Toxa con zonas de nova creación. Alberga o hotel e o balneario, que ocupa 4.000 m2 da parte baixa, con espazos cubertos e ao aire libre destinados a centro terapéutico e a club termolúdico. Destacan as grandes cristaleiras que pechan a piscina mariña e dende a que hai fermosas vistas á ría de Arousa.

Hotel Eurostars
ISLA DE LA TOJA

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario ****

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
36991 Illa da Toxa.
O Grove - Pontevedra
Tel: 986 730 050 - Fax: 986 730 101

- CORREO-E
balneario@eurostarsisladelatoja.com

- WEB
www.eurostarsisladelatoja.com



GOZA DO CONTORNO

Isla de la Toja

Illa da Toxa

A illa da Toxa, declarada Centro de Interese Turístico Nacional, pertence ao concello do Grove, formado por unha pequena península que separa as Rías de Arousa e Pontevedra. A beleza da súa costa e da propia illa teñen convertido a esta vlla nun dos destinos turísticos máis importantes de Galicia. ver más

www.turismogrove.com

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal