Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Balneario de Guitiriz, logo

Eurostars Gran Hotel LA TOJA

www.eurostarsgranhotellatoja.com

TIPO DE AUGAS

As augas mineiromedicinais termais do balneario do Gran Hotel La Toja posúen unha composición química especial que lle confire as súas propiedades únicas, caracterizándose por ser clorudadas sódicas e fluoradas, cun alto contido de elementos mineralizantes especiais como ferro, bromo, estroncio, litio, calcio e magnesio, entre outros; cunha temperatura de entre 20 e 60 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

Dispón de técnicas de tratamento como:

A tradición balneoterápica do seu Balneario convive en harmonía coas innovadoras instalacións termolúdicas do seu Club Termal, que consta de:

SERVIZOS HOTELEIROS

O Gran Hotel La Toja, situado no corazón da Ría de Arousa, na illa da Toxa, ofrece un contorno de gran beleza. É o único hotel balneario de cinco estrelas que existe en Galicia.

Ten 197 habitacións -entre estándar e suites- con vistas ao mar ou aos xardíns que o rodean. Ademais de todos os servizos propios dun hotel da súa categoría, conta con piscina climatizada exterior (aberta en verán), canchas de tenis e paddle, restaurante, cafetería, amplos salóns, xardíns, parque infantil e capela. Dispón tamén dun Pavillón de Congresos con capacidade para 500 persoas, polo que resulta un lugar idóneo tanto para clientes individuais como de empresa e para celebracións familiares ou de negocios.

HISTORIA

En 1899 convócase un concurso internacional para a construción dun gran hotel balneario na illa da Toxa, do que sae gañador o ourensán Daniel Vázquez-Gulías. Rematado o edificio, e tras varios anos aberto, a guerra convertirao nun improvisado hospital, volvendo a funcionar despois como hotel-balneario. En 1945 a edificación eclecticista sufrirá unha gran reforma da man de Francisco Javier Sanz y Martínez. No seu interior destaca o mural pictórico do pontevedrés Rafael Úbeda, situado na entrada ao balneario.

Eurostars Gran Hotel LA TOJA

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario *****

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
36991 Illa da Toxa – Pontevedra
T_986 730 025
986 803 224 (reservas)
F_986 730 026

- CORREO-E
reservas@eurostarsgranhotellatoja.com

- WEB
www.eurostarsgranhotellatoja.com

- COORDENADAS GPS
+42.485, -8.845



GOZA DO CONTORNO

Isla de La Toja

Illa da Toxa

A emblemática e lexendaria Illa da Toxa, declarada Centro de Interese Turístico Nacional e situada no corazón da Ría de Arousa, atópase a 1 km da poboación mariñeira do Grove, a 3 km da praia da Lanzada, 33 de Pontevedra, 60 de Vigo, 83 de Santiago de Compostela e a 160 km da Coruña. ver más

www.turismogrove.com
www.sanxenxotur.com

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal