Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Balneario de MONDARIZ

www.balneariodemondariz.com

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas carbogaseosas, bicarbonatado-cálcicas e ferruxinosas. Emanan a unha temperatura de entre 17,5 e 18 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel dispón de 194 habitacións dobres, incluíndo 11 suites. Ten un moderno Centro de Congresos e Convencións integrado por 8 salóns con todo tipo de servizos audiovisuais. Ofrece servizo de lavandería, salón de peiteado, prensa e animación infantil. Conta ademais cun campo de golf de 18 foxos.

Organízanse actividades como sendeirismo, equitación, rafting, barranquismo, puenting, ciclismo, saídas en barco, avioneta ou helicóptero.

HISTORIA

O mecenas Enrique Peinador Vela promoveu esta iniciativa no século XIX. O balneario viviu momentos de grande esplendor, recibindo a visita de personaxes ilustres como Castelao, a raíña Isabel de Portugal ou Emilia Pardo Bazán. Posuían unha imprenta coa que lanzaban o semanario La Temporada e a revista Mondariz. Incluso tiñan moeda propia, o peinador. A Guerra Civil paralizou a vida do lugar e un incendio en 1973 puxo fin a unha época dourada, aínda que se acondicionaron unhas estancias para balneario que funcionaron ata 1994, momento no que se proxectaron as novas e modernas instalacións.

Na vila termal destaca a construción histórica do Gran Hotel, obra de Jenaro de la Fuente. No antigo Hotel Sanatorio, proxecto non rematado de Antonio Palacios, levantouse o hotel. Sobresaen tamén a estatua de Peinador; as fontes termais de Troncoso e a da Gándara, sobre a que Palacios levantou un pavillón de granito pulido; o Museo Municipal da Auga e o Pazo da Auga.

Balneario de MONDARIZ

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario ****

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
Avda. Enrique Peinador, s/n
36890 Mondariz-Balneario. Pontevedra
Tel: 986 656 156 - Fax: 986 656 186

- CORREO-E
info@balneariodemondariz.com

- WEB
www.balneariodemondariz.com



GOZA DO CONTORNO

Mondariz

Mondariz-Balneario

O pequeno municipio de Mondariz-Balneario sitúase no espazo natural do val do río Tea, un contorno de gran beleza ecolóxica e paisaxística que convida ao descanso. Esta vila termal atópase a tan só media hora da cidade de Vigo. ver más

www.mondarizbalneario.es

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal