Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Balneario de LUGO – Termas Romanas

www.balneariodelugo.com

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas sulfurado-sódicas, bicarbonatadas e hipertermais. Emanan a unha temperatura de 43,8 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel dispón de 64 habitacións, 62 dobres con baño completo. Todos os dormitorios están dotados con fío musical, televisión e calefacción. Ademais, ten dous comedores, cafetería, salón social, dúas salas de estar e ascensor adaptado para discapacitados. Posúe unha capela e ofrece un amplo aparcamento. E todo en plena natureza: 5.000 m2 de xardíns e 2 quilómetros de paseo fluvial na beira do río Miño.

HISTORIA

O balneario de Lugo é o único de Galicia que conserva vestixios das antigas termas públicas romanas, declaradas Monumento Histórico Artístico Nacional. Un edificio de estilo lucense do século XIX, totalmente reformado, cun claustro central de galerías acristaladas, alberga a maioría das habitacións do hotel e o chamado balneario terapéutico. Nun anexo, outro edificio levantado en 2001 suma unha vintena de habitacións, xunto co moderno balneario lúdico, orientado a tratamentos de relax e beleza.

Balneario de LUGO

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario *** Q

- TEMPORADA DE APERTURA
15 febreiro - 23 decembro

- ENDEREZO
Camiño do balneario, s/n. 27004 Lugo
Tel: 982 221 228 - Fax: 982 221 659

- CORREO-E
balneario@balneariodelugo.com

- WEB
www.balneariodelugo.com



GOZA DO CONTORNO

Lugo

Lugo

A cidade de Lugo, que ten máis de dous mil anos de historia, caracterízase pola confluencia do urbano e o paisaxístico. Está situada na ribeira do río Miño, en plena Reserva da Biosfera «Terras do Miño». Localizada nun punto neurálxico da xeografía galega, dende aquí pódense visitar lugares tan dispares e paradisíacos como a Ribeira Sacra, a Mariña lucense, as serras dos Ancares e O Courel, o Cebreiro… ver más

www.concellodelugo.org

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal