Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Balneario de Guitiriz, logo

Balneario de GUITIRIZ

www.balneariodeguitiriz.com

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas sulfuradas, fluoradas, bicarbonatadas, sódicas e radiactivas a unha temperatura de 15,2 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

Os distintos programas terapéuticos están deseñados para unha abordaxe integral e personalizada, atendendo ás necesidades específicas de cada caso. Dispón dun equipo multidisciplinar de médicos, nutricionista, fisioterapeutas, especialista en exercicio físico, esteticistas, masaxistas e técnicos termais. Destacan, entre outros:

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel dispón de 103 habitacións, das cales 10 son family rooms e 7 suites. Ten 5 salas para reunións e convencións, un salón para banquetes e un restaurante. Conta cun Club Termal infantil, ademais de servizo de canguro baixo petición e menús especiais para nenos. Os amantes do deporte poden gozar de ximnasio, 2 pistas de paddle e un campo de golf de 9 foxos. Posúe un bosque privado, con ruta de sendeirismo, marcha nórdica e a posibilidade de alugar bicicletas.

O Hotel Balneario sitúase nun contorno natural de extraordinario interese medioambiental, Terras do Miño, que pertence á Rede Mundial de Reservas da Biosfera. Foi declarada pola Unesco no ano 2002, sendo a primeira Reserva Mundial da Biosfera de Galicia e a segunda en extensión de toda a Península Ibérica. Ofrécese a posibilidade de organizar visitas guiadas a distintos enclaves deste contorno.

HISTORIA

As propiedades das augas da fonte de San Xoán de Lagostelle, descubertas a principios do século XVII, foron recoñecidas en 1902. O hotel está levantado sobre un edificio de principios do século XX, obra do arquitecto Juan Álvarez de Mendoza, que mantén a súa estrutura orixinal. O balneario, que ocupa unha superficie de 4.000 m2, sitúase nun edificio construído en 2003 e conectado ao histórico inmoble central a través dunha pasarela de cristal.

Balneario de GUITIRIZ

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario ****

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
Estrada do Balneario, s/n.
27300 Guitiriz. Lugo
Tel: 982 022 200 - Fax: 982 022 210

- CORREO-E
reservas@balneariodeguitiriz.com
hotel@balneariodeguitiriz.com

- WEB
www.balneariodeguitiriz.com

- COORDENADAS
7.8811306258 / 43.1691521915956



GOZA DO CONTORNO

Guitiriz

Guitiriz

O municipio lucense de Guitiriz atópase a 38 km de Lugo, a 52 km da Coruña e a uns 72 km de Santiago de Compostela. Ofrece enormes posibilidades para o turista, que, ademais dos seus tesouros termais, pode atopar na zona unha gran riqueza cultural e paisaxística. ver más

www.concellodeguitiriz.com

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal