Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Hotel Balneario de COMPOSTELA (Brión)

www.hbcompostela.com

TIPO DE AUGAS

As súas augas mineiromedicinais son do tipo sulfuradas, bicarbonatado-sódicas, silicatadas e fluoradas.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel, unido ao balneario a través dun corredor, dispón de 59 habitacións exteriores, distribuídas en habitacións dobres, familiares e junior suites, todas equipadas con wifi gratuíto. Ofrece servizo de restaurante, bar-cafetería, salóns para xuntanzas e banquetes, e un amplo e excelente centro de fitness. No verán pódese gozar de dúas magníficas terrazas, unha no edificio do balneario e outra na primeira planta do hotel.

Ademais, o visitante poderá practicar turismo activo nas súas inmediacións, cunha variada oferta, e un campo de golf a quince minutos do hotel.

HISTORIA

As orixes do manancial de Nosa Señora dos Anxos remóntanse con toda probabilidade á época romana, xa que por estas terras pasaba a via cessum. As primeiras referencias históricas da utilización destas augas datan de 1813 e en 1928 recibiron a consideración de Augas Mineiromedicinais de Utilidade Pública. O balneario de Compostela é unha edificación contemporánea de granito, proxectada a finais do século XX polo arquitecto César Portela.

Balneario de COMPOSTELA

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario *** SUP Q

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
Estrada Santiago-Noia, AC 543, km 8.
Os Ánxeles. 15280 Brión. A Coruña
T_981 559 000 - F_981 884 817

- CORREO-E
hotel@hbcompostela.com

- WEB
www.hbcompostela.com



GOZA DO CONTORNO

Brión, Santiago de Compostela

Brión_ Santiago de Compostela

O municipio coruñés de Brión, situado no fermoso val da Maía, atópase a uns dez minutos do centro de Santiago de Compostela e a quince minutos da vila mariñeira de Noia. O Balneario de Compostela está ademais moi preto de Bertamiráns, núcleo do concello de Ames. O territorio é ideal para gozar da natureza, xunto cun rico patrimonio monumental e arquitectónico. ver más

www.concellodebrion.org
www.concellodeames.org
www.concellodenegreira.es
www.santiagoturismo.com

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal