Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Balneario de CALDAS DE PARTOVIA (O Carballiño)

www.caldasdepartoviabalneario.com

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas sulfurosas, sódicas e radiactivas. Emanan a unha temperatura de 37 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVICIOS

O balneario ten aparcamento e zona axardinada. Non dispón de hotel, aínda que nos arredores existen diversos establecementos hoteleiros de unha a catro estrelas.

HISTORIA

Situado nunha paisaxe natural de gran beleza, o Balneario Histórico das Caldas de Partovia é un dos lugares máis recoñecidos da Galicia Termal. Durante séculos, o balneario ten recibido a miles de visitantes que buscan beneficiarse das extraordinarias cualidades das súas augas, sendo sorprendentes os seus resultados conforme ás curacións que aparecen medicamente documentadas xa dende principios do século XIX. As Caldas de Partovia materializa a esencia do concepto de balneario, lugar de repouso, saúde, lecer e benestar onde o visitante se sente parte integrante do mesmo dende o primeiro momento. Buscamos un equilibrio mental e físico, sendo a nosa principal ferramenta as augas cálidas e azuladas que nacen de forma cálida e xenerosa nesta terra, unidas a un magnífico edificio e a un trato persoal que procura a exquisitez. O balneario reinaugurouse o 7 de abril de 2017.

Balneario de CALDAS DE PARTOVIA

- TIPO DE ALOXAMENTO
Consultar oferta hoteleira da zona

- TEMPORADA DE APERTURA
Aberto todo o ano

- ENDEREZO
As Caldas, s/n - Partovia
32515 O Carballiño. Ourense
Tel: 988 273 057

- CORREO-E
info@caldasdepartovia.es

- WEB
www.caldasdepartoviabalneario.com/



GOZA DO CONTORNO

Caldas de Partovia

O Carballiño

Saíndo do Carballiño, pola estrada Ourense-Santiago, chégase ao municipio de Cea, onde se pode admirar o Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira, tamén coñecido como «o Escorial galego», orixinario do século XII, e que representa a primeira fundación do Císter en Galicia. ver más

www.concellodecea.com
www.ourense.es

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal