Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Balneario de BAÑOS DE MOLGAS

www.balneariodemolgas.com

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas radiactivas, bicarbonatadas, sódicas, silicatadas e oligometálicas. Emanan a unha temperatura de 49 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel posúe 29 habitacións con capacidade para 48 prazas. Ten calefacción central, televisión, teléfono e internet nos dormitorios. Dispón de servizo médico e dun salón de convencións onde poder realizar todo tipo de encontros. No seu restaurante, cun amplo comedor, pódese gozar da excelente cociña da zona. Situado nun enclave pintoresco, conta con piscina e cun xardín-terraza dende onde deleitarse co contorno.

HISTORIA

A súa orixe romana queda avalada polos numerosos obxectos que se foron atopando durante as escavacións realizadas para a mellora do manancial. O balneario está en funcionamento dende o ano 1873, data na que se construíu o edificio na beira do río Arnoia, con fachada de pedra, restaurada en 2005. Ao longo do século XX o hotel balneario ampliouse en numerosas ocasións, pero sen perder o encanto do tradicional. Na actualidade aínda loce parte do seu mobiliario dos anos 20.

Balneario de BAÑOS DE MOLGAS

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario *

- TEMPORADA DE APERTURA
15 febreiro – 15 decembro

- DIRECCIÓN
Samuel González Movilla, 26
32701 Baños de Molgas. Ourense
Tel: 988 430 246 - Fax: 988 430 405

- CORREO-E
balneariomolgas@hotmail.com

- WEB
www.balneariodemolgas.com



GOZA DO CONTORNO

Baños de Molgas

Baños de Molgas

O municipio ourensán de Baños de Molgas é a porta de entrada á Ribeira Sacra. Está moi próximo á cidade de Ourense, a tan só 34 quilómetros. ver más

www.ribeirasacra.org

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal