Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Balneario DÁVILA (Caldas de Reis)

www.balneariodavila.com

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas clorurado-sódicas, radiactivas, sulfurosas e nitroxenadas. Emanan a unha temperatura de 48 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel balneario sitúase no casco histórico de Caldas, en pleno Camiño de Santiago, entre a fonte de auga termal e o río Umia. Dispón de aparcamento, restaurante, salón social, wifi, calefacción, ascensor, servizo médico vencellado ao uso do balneario e xardín.

HISTORIA

O escribán Joaquín Dávila constrúe a primeira casa de baños en 1780 sobre a que, ao longo dos séculos, se farán múltiples reformas. O edificio actual é de finais do XIX, unha iniciativa do seu propietario neses intres, o avogado David Legerén Cespón. Trátase dunha obra eclecticista que consta de dúas plantas e na que destaca a decoración da súa fachada principal, presidida por unha réplica dunha ara romana descuberta no balneario.

Balneario DÁVILA

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario **

- TEMPORADA DE APERTURA
marzo - decembro

- DIRECCIÓN
Laureano Salgado,11.
36650 Caldas de Reis. Pontevedra
Tel: 986 540 012 - Fax: 986 540 012

- CORREO-E
balneariodavila@balneariodavila.com

- WEB
www.balneariodavila.com



GOZA DO CONTORNO

Dávila

Caldas de Reis

Un lugar ideal para pasear polo municipio de Caldas é o parque-xardín, deseñado no século XIX ao estilo inglés e declarado Paraxe Pintoresca Nacional. Á beira do río Umia e en pleno centro urbano, o xardín centenario ocupa 7.200 m2. Ten varios paseos con máis dun centenar de especies diferentes. O parque ábrese ao Umia ao longo dun magnífico miradoiro fluvial. Tamén forma parte do conxunto paisaxístico unha gran carballeira de 23.200 m2ver más

www.caldasdereis.com

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal