Manantiais de saúde e descanso

galego | español

Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort

www.augassantas.es

TIPO DE AUGAS

Ofrece augas sulfuradas bicarbonatadas sódicas e fluoradas. Emanan do subsolo a unha temperatura de 16 e 24,5 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel, distribuído en 3 plantas, conta cun total de 105 habitacións, incluíndo 2 suites confortablemente equipadas, 4 habitacións familiares e 5 habitacións adaptadas. No seu restaurante dispón dun amplo buffet para almorzos que ofrece unha excelente gama de produtos de alta calidade para todos os gustos e necesidades. Os seus salóns, dotados das últimas innovacións tecnolóxicas, son o escenario perfecto para calquera evento e celebración. As instalacións complétanse cun magnífico campo de golf de 18 foxos, situado nunha contorna emblemática, en plena natureza.

HISTORIA

O Hotel Balneario Augas Santas Golf inaugurouse en 2006. Está construído nas proximidades do antigo balneario, fundado a mediados do XIX. Durante moito tempo, as virtudes curativas das súas augas sulfuradas atraeron a visitantes chegados de distintos puntos de España, Portugal ou Francia. A decadencia que experimentaron aqueles antigos establecementos no século XX non perdoou ao de Pantón, que deixou de funcionar a mediados dos anos cincuenta. As construcións abandonadas foron ademais destruídas por un incendio a finais dos setenta. Non obstante, o antigo estanque do balneario seguiu sendo moi visitado polos veciños da zona, que sempre apreciaron as augas que alí brotan. As ruínas do vello balneario consérvanse xunto ás modernas instalacións como testemuño dunha tradición que hoxe se pretende recuperar e potenciar utilizando recursos propios do século XXI.

Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel Balneario **** Q

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano, agás 15 días en xaneiro

- DIRECCIÓN
Lugar Os Baños, s/n. 27430 Pantón (Lugo)
Tel: 982 292 800 - Fax: 982 292 800

- CORREO-E
reservas@augassantas.es
comercial@augassantas.es

- WEB
www.augassantas.es



GOZA DO CONTORNO

Lugo

Pantón – Ribeira Sacra

O termo municipal de Pantón, no corazón da Ribeira Sacra, atópase situado ao sur da provincia de Lugo, limitando cos concellos de Monforte de Lemos, Chantada, Carballedo, Nogueira de Ramuín, Sober e O Saviñao. O súa capital é O Castro de Ferreira, que debe o seu nome a un antigo asentamento castrexo. Os ríos Cabe, Miño e Sil constitúen os límites … ver más

www.concellodepanton.es

turismo.ribeirasacra.org

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal