Manantiais de saúde e descanso

galego | español

ARNOIA Caldaria Hotel Balneario

www.caldaria.es

TIPO DE AUGAS

Dispón de augas sulfurado-sódicas, bicarbonatadas e magnésicas. Emanan a unha temperatura de 22 °C.

INDICACIÓNS TERAPÉUTICAS

PROGRAMAS

SERVIZOS HOTELEIROS

O hotel dispón de habitacións exteriores perfectamente equipadas, algunhas con terraza. Tanto os accesos como o conxunto das estancias están acondicionados para minusválidos. Ten ximnasio, café bar, restaurante, salas de estar, salóns para convencións, salón de peiteado, parque infantil e pista polideportiva. Conta tamén con tenda de artesanía, prensa e produtos da comarca. Organízanse, ademais, cruceiros en catamarán polo río Miño.

HISTORIA

Nesta zona localizábanse as Augas de Reza, un manancial utilizado historicamente polos agricultores e veciños do lugar. Coa construción do encoro de Frieira o manancial quedou asolagado. A principios dos anos 90 a Fundación San Rosendo de Cáritas Diocesanas construíu un moderno complexo hoteleiro-termal-xeriátrico, que se inaugurou en 1995. Trátase dun edificio moderno realizado con perpiaños de granito e coa fachada principal mirando ao río.

ARNOIA Caldaria Hotel Balneario

- TIPO DE ALOXAMENTO
Hotel balneario *** Q

- TEMPORADA DE APERTURA
Todo o ano

- DIRECCIÓN
Vila Termal, 1. 32417 Arnoia. Ourense Tel: 988 492 400 - Fax: 988 492 422

Central de reservas Caldaria:
Tel: 902 492 400 - Fax: 988 280 484

- CORREO-E
reservas@caldaria.es

- WEB
www.caldaria.es



GOZA DO CONTORNO

Arnoia

Arnoia_ O Ribeiro

Arnoia está situada en pleno corazón do Ribeiro, xunto aos ríos Miño e Arnoia, moi próxima á vila histórica de Ribadavia, a 36 km de Ourense e limítrofe coa provincia de Pontevedra. Ademais do val -onde se traballan os cultivos de viñas e hortalizas, en particular os seus afamados pementos- érguese un elevado terreo rochoso e forestal. ver más

www.arnoia.es

contacto  |   mapa web  |   aviso legal

© . Asociación Galega da Propiedade Balnearia. Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela | Tel e fax_ 981 598 221 | info@balneariosdegalicia.gal