Aviso legal

Asociación Galega da Propiedade Balnearia

I. DATOS DE REXISTRO E DE CONTACTO

En cumprimento da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI), a Asociación Galega da Propiedade Balnearia, como titular do sitio web www.balneariosdegalicia.gal, facilita a continuación os seus datos de contacto e de rexistro:

  • Entidade: Asociación Galega da Propiedade Balnearia
  • Estatuto legal: asociación privada sen ánimo de lucro
  • CIF: G-15 079 619
  • Presidenta: María Soledad Espiño Alende
  • Enderezo: Rúa Ramón Cabanillas, 14 - 1. Oficina 1. 15701 Santiago de Compostela
  • Teléfono e Fax: +34 981 598 221
  • Correo electrónico: info@balneariosdegalicia.gal

II. PROPIEDADE INTELECTUAL

En cumprimento do establecido no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia e a lexislación sectorial concordante, infórmase dos aspectos seguintes:

  • Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos nesta web son propiedade dos seus donos e están protexidos pola lei.
  • Queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos da presente web sen a autorización dos seus autores ou da Asociación Galega da Propiedade Balnearia.
  • Os contidos e información incluídos neste sitio web non vinculan á Asociación Galega da Propiedade Balnearia, pois trátase dun servizo ofrecido con simple carácter informativo e divulgativo.
  • O presente sitio web pode conter enlaces a páxinas de terceiros sobre cuxo contido a Asociación Galega da Propiedade Balnearia non asume ningunha responsabilidade.