Termalismo sostible para o século XXI

Os balnearios galegos organizan una xornada sobre termalismo sostible, na que se afondará na importancia de protexer a auga para garantir o seu futuro

Tanto a auga mineral destinada a bebida como as augas mineromedicinais dos balnearios contribúen á xeración de emprego e riqueza no ámbito rural

A xornada celebrarase a vindeira semana na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo

Santiago de Compostela-Vigo, 22 de novembro de 2019 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación de Balnearios de Galicia vai celebrar a vindeira semana a xornada “Termalismo sostible para o século XXI”. Terá lugar o mércores 27 de novembro na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Reunirá a profesionais vencellados ao sector dende diferentes ámbitos (Administración, Universidade, empresas) e a estudantes universitarios interesados na compoñente mineira das augas como opción de traballo futuro.

Tal como explica a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño, “o obxecto desta iniciativa é amosar como os balnearios da comunidade están comprometidos co desenvolvemento sostible, por canto melloran a calidade de vida dos seus usuarios, non comprometen o futuro do recurso e dinamizan social e economicamente as comarcas nas que se sitúan”.

Destaca así mesmo que “se na actualidade o termalismo galego pode presumir de liderar o sector dos balnearios en España, gran parte dese mérito corresponde ao importante papel que tivo a promulgación da Lei 5/1995, de 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia e toda a normativa que a desenvolve. A normativa sectorial propiciou que Galicia entrara nun proceso de renovación e ampliación das súas instalacións termais e que puideran artellarse novas liñas de negocio, coa introdución das novas tecnoloxías e de técnicas termais actualizadas, co fin de satisfacer unha demanda cada vez máis esixente e complexa”.

A presidenta salienta que “o motivo de celebrar a xornada na Escola de Minas é o de achegar aos universitarios as oportunidades e retos dun sector onde poden atopar oportunidades laborais, dada a condición de recurso mineiro das augas minerais”.

“Galicia posúe un enorme potencial en augas minerais, o que nos obriga a vixialas e protexelas”

Juan de Dios, presidente da Cámara Mineira de Galicia

No transcurso da xornada vaise debater sobre a importancia de protexer a auga como recurso natural, de cara a garantir o seu futuro. Nesta liña, intervirá o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Dios. Salienta que “a auga é un recurso mineral renovable, polo que debe estar protexido para evitar a súa contaminación. Se a auga mineral se contamina ou prexudica deixará de ter esa condición, co que perderemos un elemento valiosísimo en Galicia”.

O presidente incide no feito de que “Galicia posúe un enorme potencial en augas minerais, o que nos obriga a vixialas e protexelas”. Lembra que a lexislación mineira establece tres zonas, nas que se fixan diferentes graos de protección, limitando as actividades que poidan afectar ao recurso. “E dende a Cámara Mineira, como xestores do catastro mineiro da comunidade, poñemos ao servizo público a localización xeográfica deses perímetros e facemos un seguimento da lexislación -por se interfire na súa protección- e dos proxectos que se levan a cabo dentro destas zonas de protección que poidan poñer en perigo o recurso” -indica-.

“Unha das nosas funcións como expertos no ámbito mineiro é velar pola protección das augas como recurso mineiro. As medidas actuais son as mínimas necesarias para protexer os acuíferos pero cómpre, ademais, concienciar do risco que representan as actividades que se levan a cabo dentro dos perímetros de protección” -manifesta-.

A auga, un factor determinante para fixar poboación no rural

Juan de Dios destaca que tanto a auga mineral destinada a bebida como as augas mineromedicinais dos balnearios contribúen á xeración de emprego e riqueza no ámbito rural, que está a sufrir un grave despoboamento. Así, favorece a fixación da poboación no contorno rural, zona na que se localiza o recurso e as empresas dedicadas á explotación do mesmo. “Trátase dun emprego de calidade, pois para traballar neste eido, para o aproveitamento deste recurso, requírense profesionais cualificados” -remarca-.

“La sostenibilidad del recurso se consigue protegiéndolo adecuadamente”

Mª del Mar Corral, do Instituto Geológico y Minero de España

Na xornada vai participar tamén Mª del Mar Corral, directora do Departamento de Investigación en Recursos Geológicos do IGME -Instituto Geológico y Minero de España-. Este organismo é precisamente o encargado de establecer os perímetros de protección dos acuíferos. “Es necesaria una protección exhaustiva y adecuada del recurso hidromineral, tanto cuantitativa como cualitativamente” -destaca-.

En relación á calidade da auga, a experta indica que “no se pueden variar las características físico-químicas del recurso ni las propiedades microbiológicas que determinan su condición de agua mineral”. Respecto á cantidade, sinala que “no puede haber una sobreexplotación del recurso”.

Corral explica que a Administración fixa un perímetro de protección co obxectivo de protexer o recurso en cantidade e calidade. “En el caso de la legislación gallega, se establece una protección máxima -zona próxima a la captación-, media y mínima. De este modo, se pone límite a la realización de determinadas actividades, al tiempo que se evitan otros sondeos para garantizar que no disminuya el caudal que tiene concedido una determinada empresa balnearia o embotelladora de agua mineral” -apunta a experta-.

No caso da protección máxima practicamente non se permite realizar ningún tipo de actividade debido ao risco de contaminación directa ao manancial ou captación de auga. “Además de la protección que establece la Administración, es muy importante también la propia vigilancia por parte de los propietarios de las captaciones, puesto que tienen que estar pendientes de que no se realicen actividades en la zona establecida dentro del perímetro de protección. Si esa vigilancia se realiza sería suficiente para proteger la captación o el manantial” -manifesta-. E conclúe indicando que “la sostenibilidad del recurso se consigue protegiéndolo adecuadamente”.

Categorías: Notas de prensa | Etiquetas: , , ,