Mesa redonda

O sector termal galego incide na importancia de protexer a riqueza de acuíferos que hai en Galicia para evitar a súa contaminación e a sobreexplotación da auga

Os balnearios e as empresas envasadoras de auga mineral responsabilízanse de preservar a pureza orixinal dos mananciais e do coidado do seu contorno

Santiago de Compostela-Vigo, 27 de novembro de 2019 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación de Balnearios de Galicia celebrou ao longo desta mañá a xornada “Termalismo sostible para o século XXI”, na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Reuniu a profesionais vencellados ao sector dende diferentes ámbitos (Administración, Universidade, empresas) e a estudantes universitarios interesados na compoñente mineira das augas como opción de futuro.

Na inauguración da xornada participaron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño; o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Dios; xunto á directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Elena Alonso.

De seguido celebrouse unha mesa redonda na que se debateu sobre a importancia de protexer a auga como recurso mineiro co fin de poder garantir o seu futuro. Interviron a científica titular do IGME (Instituto Geológico y Minero de España) Mª del Mar Corral; o decano-delegado do Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste, Juan José Iglesias; a secretaria xeral da Asociación Nacional de Empresas de Aguas de Bebida Envasadas -ANEABE-, Irene Zafra; o director-xerente de Caldaria Hoteles y Balnearios, Javier Soto; ademais do director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Diego López.

Galicia, modelo de balneoterapia, con 1.200 postos de traballo no sector

Na súa intervención, o director-xerente de Caldaria, Javier Soto, salientou, en representación dos balnearios galegos, que “a auga é o elemento base da nosa actividade empresarial. Obtémola da natureza baixo unhas determinadas condicións de extracción, explotación e coidado medioambiental que garantan o mantemento da súa calidade”. Nesta liña, lembrou que “pode haber casos de contaminación dos acuíferos por sobreexplotación ou polo desenvolvemento de determinadas actividades no seu contorno, polo que cómpre protexelos”. E incidiu no feito de que as propias empresas balnearias son as que teñen desenvolto protocolos de explotación da auga.

“O acuífero ten que ter o seu funcionamento natural e é importante ter un contorno non contaminado. A primeira vixilancia que debe facerse é precisamente evitar a contaminación do medio, de acordo aos perímetros de protección establecidos por un estudo xeolóxico previo” -explicou-.

Soto puxo de relevancia que a Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia foi pioneira no conxunto de España no relativo á protección dos acuíferos. Segundo o experto, este marco lexislativo contribuíu a crear en Galicia “un modelo de balneoterapia que levou á nosa comunidade á primeira liña neste eido, dende o punto de vista do turismo termal, tanto de lecer como sanitario, coa consecuente xeración de riqueza e benestar social”.

“Os balnearios son empresas sostibles. Dependen da saúde dos acuíferos, polo que a mellor maneira de protexelos é que haxa unha empresa explotándoos” -afirmou-. Ademais, púxose de relevo que os balnearios xeran na actualidade 1.200 postos de traballo en Galicia.

Elena Alonso, Francisco Conde, Marisol Espiño e Juan de Dios
Elena Alonso, Francisco Conde, Marisol Espiño e Juan de Dios
O sector das augas minerais dá emprego directo a 4.500 persoas e indirecto a decenas de miles en toda España

A secretaria xeral da Asociación Nacional de Empresas de Aguas de Bebida Envasadas -ANEABE-, Irene Zafra, salientou que as augas minerais son “un producto saludable y sostenible. Esto es posible gracias a sus características y propiedades intrínsecas y a la labor de un sector cuya razón de ser es la naturaleza”. Explicou que “son aguas puras en origen y envasadas a pie de manantial a través de un proceso de extrema asepsia. Debido a ello, se conservan intactas su pureza original y propiedades saludables, haciendo que no necesiten ni reciban tratamientos químicos ni de desinfección para su consumo. Además, su composición en minerales permanece siempre constante y puede consultarse en su etiqueta”.

A voceira de ANEABE sinalou que o sector das augas minerais traballa pola protección do medio, coidando o contorno natural dos acuíferos de cara a garantir a sostibilidade dun recurso renovable como son as augas minerais. Indicou que cada empresa envasadora se responsabiliza de preservar e asegurar a pureza orixinal do acuífero e do coidado do seu contorno.

Por outro lado, resaltou o feito de que “las empresas envasadoras respetan el caudal óptimo de aprovechamiento del agua, asegurando la sostenibilidad del acuífero, acorde al balance hídrico de la zona y manteniendo invariable la composición mineral del agua. Este caudal es estrictamente respetado por la industria envasadora y supervisado por las autoridades mineras”.

O sector das augas minerais é unha industria cun marcado carácter rural e moi ligada ao territorio. Así, tal como remarcou Irene Zafra, “una particularidad de este sector es la creación de riqueza en zonas sin tejido industrial ya que, por sus características, las plantas envasadoras deben instalarse en los mismos lugares de captación del acuífero, que suelen coincidir con zonas rurales. En este sentido, las empresas de aguas minerales son ejemplo de iniciativas sostenibles que contribuyen a activar la economía y crear empleo en pueblos y zonas con una densidad de población muy baja. De hecho, el sector ayuda a fijar población en la España rural, dando empleo directo a 4.500 personas e indirecto a decenas de miles”.

A auga, unha opción de futuro para os estudantes de Enxeñaría de Minas

Na súa intervención, a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Elena Alonso, resaltou que “as augas minerais e termais son un recurso mineiro e, como tal, unha opción de futuro para os estudantes de Enxeñaría de Minas, como profesionais responsables da realización de traballos de exploración, investigación e explotación das augas. Se a isto lle sumamos a relevancia e peso que ten o sector das augas mineromedicinais de Galicia no contexto nacional, constitúe unha opción profesional moi atractiva”.

A directora indicou que “as augas minerais e termais representan unha área de alto interese dentro dos ámbitos de especialización da Universidade de Vigo. E, neste sentido, a achega que podemos realizar desde a Universidade a este sector é relevante: desde a formación técnica dos futuros profesionais, as actividades de investigación de procesos e tecnoloxías específicas, a colaboración coas empresas, actividades de divulgación e formación, entre outras”.

Os balnearios galegos presentan a súa nova web

No transcurso da xornada o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, presentou a nova páxina web da entidade, “con máis recursos de interese para os usuarios e máis información relativa ás indicacións terapéuticas das augas mineromedicinais da comunidade e ás posibilidades que oferta cada balneario, tanto dende o punto de vista do lecer como do sanitario”. Pola súa parte, o director xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ángel Bernardo Tahoces, foi o encargado de pechar a sesión.

Categorías: Notas de prensa | Etiquetas: , , , , ,